PINTANDO UNHA PINTURA COMÚN

"Se axudo ás persoas a ter esperanza, non vivirei en van" (Martin Luther King). A nosa meta é aumenta-la conciencia pública acerca das enfermidades renais xa que podemos dicir que hai un coñecemento moi baixo destas enfermidades. Tanto dos factores de risco que nos poden levar a unha Insuficiencia Renal Crónica, como na forma en que a IRC afecta á calidade de vida e saúde das peroas que sufren.

A ansiedad e a confusión dun primeiro momento, difumínanse despois dalgúns meses, seguindo unha impaciencia polo molesto que lles resulta ter que depender constantemente dunha máquina para sobrevivir, producíndolles na mayoría dos casos un gran esgotamento físico, alteracións do sono, do ánimo e cambios na alimentación. Todo elo termina afectando ó benestar físico, psíquico, social e laboral.

Nembargantes, canto máis motivos temos para o pesimismo, máis razóns temos para a esperanza. Así mesmo unha vez incluídos na lista de espera, intentan conserva-la esperanza dun posible transplantes que suporá unha melloría na súa calidade de vida.

Por todo esto ALCER-Ourense non cesará no seu empeño, utilizando tódolos recursos dipoñibles, folletos, casteis, conferencias, medios de comunicación e sobre todo o noso maior agradecemento a tódalas persoas e entidades que se deciden a colaborar con nós facilitando a nosa labor diaria, que non é outra que: Mellorar o que está feito e esforzarnos por lograr o que aínda queda por facer.

(Mercedes García Penela, Presidenta de ALCER-Ourense)

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir