|
VARIACIÓN DE MITEMA
I
¡QUE BONITO CANDO CHE DIN que hay un órgano para ti!
¡Que triste cando sabes que se perden órganos polas
negativas familiares! (na maior parte dos casos por descoñecemento)
Fala cos teus achegados sobre a doazón de órganos.
Seguro que respetarán a túa decisión.
(Sonia Iglesias Pérez, Socia de ALCER-Ourense)
II
"¿PODE UN PERMANECER IMPASIBLE, mero espectador do
teatro da vida, ante as angurias que pasan algúns dos seus
protagonistas?" Evidentemente que non. Por iso somos doadores,
porque queremos un mundo máis humanizado, onde todos necesitemos
de todos e dependamos de todos...
A teoría é moi bonita, pero a realidade é ben
distinta. Comportámonos como egoístas e non somos
capaces nin de compartir unhas gotas de sangue que para min non
supoñen nada e para outros poden salvar unha vida...
Ánimo. Todos podemos, todos nos necesitamos.
(Avelino García Ferradal,
Presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses - IEV -,
O Barco de Valdeorras - Ourense)
III
OS PROFESIONAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA (médicos, enfermeiros,
traballadores sociais) teñen unha grande responsabilidade
en informar e educar na saúde á poboación á
que asisten.
Problemas tan frecuentes como a hipertensión arterial, diabetes,
hipercolesterolemia, tabaco, etc. poden levar a enfermidades tan
graves como a insuficiencia cardíaca, renal, hepática...
A detección precoz e control destos problemas de saúde
antes que leven á insuficiencia dos órganos, e o apoio
ás familias e enfermos que as padecen é fundamental.
O acceso destos profesionais da sanidade á poboación
da maneira máis directa favorece que se podan realizar campañas
informativas de doazón de órganos e transplantes e
outras actividades sanitarias de grande importancia para mellora-lo
estado da saúde de todos e potenciar a solidariedade.
(María Cueva Lozano Sellés, Médico
de Atención Primaria
do Centro de Saúde de Vilamartín de Valdeorras - Ourense)
|