REFLEXIÓNS SOBRE O FUTURO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS

Os resultados do transplante renal nos últimos anos mellorou de maneira evidente, aumentando a supervivencia do inxerto e do receptor. O perfeccionamento da técnica quirúrxica, os avances en inmunosupresión e un mellor tratamento das infeccións e do paciente en xeral foron factores fundamentais para acadar estos resultados. Como Consecuencia lóxica destos logros ampliouse o número de pacientes en lista de espera para o transplante renal. Os datos do ano 2000 mostran a 3.986 pacientes en espera dos cuales 297 foron galegos. Durante este ano realizáronse 134 transplantes na nosa comunidade.
En xeral, todo paciente con insuficiencia renal terminal que non presente complicacións ou enfermidades graves asociadas que condicionen a súa supervivencia a longo plazo e teña xuicio suficiente para entender e asumir a terapéutica, sería subsidiario de recibir un transplante renal. No ano 2000 recóllense 18.987 pacientes en diálise en toda España (1.073 en Galicia). A presencia en España dende finais dos 80 dun sistema organizativo baseado nunha rede integrada de coordinadores de transplante supuxo un incremento das taxas de doazón que duplican niveis da Unión Europea, chegando o cenit en 1999 con 33 doadores por millón de poboación.

Existen, sen embargo, datos que apuntan cara un esgotamento do modelo. Nos últimos anos os doadores comezaron unha tendencia descendente. Plantéase, polo tanto, un reto para o futuro e a obriga de mante-lo noso sistema en tensión permanente e a búsqueda de outras fontes de órganos que na actualidade supoñen unha pequena porcertaxe (doadores vivos, doazóns de órganos en asistolia, xenotransplantes, etc.)
Esto non supón que irremisiblemente, chegaramos ó máximo da doazón de órganos de cadáver, posto que, mentras que no conxunto de España chegouse a unha cifra máxima de 33 doadores pmp, comunidades autónomas como Cantabria e País Vasco superan cifras de 50 doadores pmp, o traslado destas cifras ó conxunto de España podería significar incrementar en 25 doadores por pmp. Soamente coa xestión eficiente das negativas familiares poderíanse engadir 400 inxertos (considéranse porcentaxes do 22% de negativas). Non obstante, non nos debemos enganar, son moitas as dificultades para conseguilo e non parece fácil que se produza nos próximos anos. Experiencias neste sentido deben mencionarse como o traballo do grupo de Coordinación de Transplantes de Málaga que realizaron entrevistas ós familiares de doadores de órganos tras a experiencia da doazón que facilitan a concienciación destos e a súa implicación en protocolos de obtención de novos doadores.

O transplante renal de doador vivo, é unha técnica que, aínda tendo medio século de vida, utilízase de maneira testimonial en España (19 casos sobre un total de 1.938 transplantes no ano 2000) pero na actualidade está renacendo en todo o mundo como consecuencia da posibilidade de emplear doadores non emparentados gracias á eficacia dos novos inmunosupresores e da adaptación dos requisitos legais. As novas técnicas de nefrectomía laparoscópica nun doador vivo supoñen unha disminución da morbilidade derivada do procedemento e quizás contribúa a favorecer a súa xeneralización. Non sería despenteado pensar que pasar dun 1% actual ó 10-12% de media europea sexa algo factible. Estos porcentaxes significarían 200 inxertos máis ó ano.

Outra fonte a desenvolver para a obtención de órganos é a doazón a corazón parado. Existe unha regulación legal aprobada en Real Decreto do ano 2000 que regula en España a doazón en asistolia. O número de riles obtidos por esta vía é testimonial e soamente o Hospital Clínico de Madrid posúe un programa estructurado de doazón en asistolia. O potencial desta vía é polo tanto difícil de definir, aínda que pódese estimar un incremento medio de unhos 500 inxertos anuais.

Outra vía de incremento potencial derívase da extensión do pool de doadores. Este aspecto é tremendamente variable entre centros, e os motivos de rechazo de inxertos teñen causas quirúrxicas e médicas que sería conveniente homoxeneizar en protocolos que estandaricen a toma de decisións, atendendo á mellor evidencia clínica disponible.

Con todo elo, e de cumplirse as premisas anteriores, o número anual de transplantes podería chegar a duplicarse no noso país ata alcanza-los 3.800 - 4.000 no futuro si se toman as medidas adecuadas para elo.
Si logramos duplica-los transplantes na década dos 90, non deberían existrir razóns para que na próxima non se consegan estas metas.

O futuro mediado por sistemas como o xenotransplante, así como as técnicas de clonación terapéutica soas ou asociadas ó xenotransplante, constitúen ó día de hoxe un bonito desexo ó que aínda lle falta bastante para convertirse en realidade clínica. Polo tanto, aínda durante bastante tempo deberemos recurrir á solidariedade da nosa poboazón, ós beneficios do noso sistema organizativo e ó bo facer de tódolos profesionais, para que España siga sendo por moito tempo o país donde o paciente con insuficiencia renal ten maiores probabilidades de todo o mundo de ser transplantado.

(Dr. Dionisio López Bellido, Urólogo,
Xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras - HCV -,
O Barco de Valdeorras - Ourense)

 

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir