|
PINTANDO
UNHA PINTURA COMÚN: "Dóa, pódelo necesitar"
Ariadna, acaba
de subir para o seu cuarto, non comprende a forma de pensar da súa
nai, Uxía. Soen discutir polo mesmo tema, a doazón
de órganos. Uxía, non é partidaria de doalos
seus órganos cando morra, Ariadna tenta explicárlle-las
vantaxes e dille: - "cando morras non os necesitas, cando estés
no cemiterio os teus órganos convertiránse en cinza,
mentres que doando os teus órganos salvan vidas, é
algo de ti que queda vivo. Só é ser prácticos..."
Non soen falar moi amiudo do tema pois a Ariadna non lle gusta falar
da morte e todo o relacionado con ela e tenta evitar o máis
que pode este tema. A súa nai é partidaria da doazón
de sangue, de feito é doadora.
Ponse a ler un libro, sueño de una noche de verano de Williams
Shakespheare, queda dormida case sen decatarse, co libro nas mans.
De súpeto vese nunha paisaxe que lle parece sacada dun cadro,
ve unhas frondosas árbores, o campo cheo de flores: margaridas,
papoulas, rosas... Oe ruído e voces e acércase a ver,
atraída polos cánticos, a música e tamén
pola curiosidade, pois non sabe onde está. Detrás
do outeiro ve moita xente de diversas edades que canta e baila en
paz e con moita ledicia, sen pelexarse, sen discutir, onde todos
o pasan ben, dende os máis cativos os máis lonxevos.
Soa o espertador e ese mundo cheo de ledicia esfúmase.
Hoxe o día está chuvioso e vai frío e vento.
Ariadna sae coma tódolos días para ir ó instituto.
A súa nai lévaa, o instituto quédalle de camiño
para ir ó traballo, é dependenta nunha tenda de moda.
Cando estaba na clase de Lingua Castelá e Literatura, o xefe
de estudios entra preguntando por ela. Ariadna asustouse pois colleuna
de súpeto. Xa fóra da clase, o xefe de estudios díxolle
que a súa tía a estaba a esperar na porta, seu pai
tivera un accidente e tiña que ir ó hospital. Recolleu
as cousas case tremendo e sen deixar de chorar; os seus compañeros
preguntábanlle, pero ela estaba tan aturdida que non escoitaba
e apenas podía recolle-las cousas.
Debido ás malas condicións metereolóxicas,
a chuvia, o vento, seu pai tivera un accidente na autoestrada cando
ía de camiño á empresa.
Xa no hospital, Ariadna segue conmocionada, parece como se non estivese
alí. Ela e máis súa nai únense nunha
enorme aperta e as dúas deixan de chorar; Ariadna non pode
deixar de tremer e de dar voltas, senta un pouco pero non pode permanecer
así que vólvese a levantar, pregúntase porque
lle tivo que pasar a ela.
Sae o médico e dilles que debido ós golpes, o fígado
resultou seriamente dañado e que é preciso un transplante
para salvarlle-la vida.
Nese momento Ariadna sentiu un forte golpe no seu corazón,
non podía dar crédito ó que estaba a suceder,
desexaba que isto fose un pesadelo.
A vida e o pesamento de Uxía sufriron un xiro, Uxía
que se opoñía a ser doadora de órganos, e que
pensaba que un caso así nunca lle acontecería, viu
que a vida do seu home, Demetrio, dependía dun transplante,
e que se tódalas persoas pensasen igual ca ela o seu home
morrería, pois non atoparían un fígado.
Pasaban os días e non aparecía un doador. Ó
cabo dun mes chegou un mozo que tivera un accidente de moto, Damián
falece ás poucas horas por unha parada cardio-respiratoria.
Os seus pais, con receo, acceden a doar os órganos do seu
fillo. Manteñen a esperanza de que os seu órganos
salvarán a vida doutra persoa.
O mesmo médico que atendera a Demetrio sae para comunicarlle
a Uxía que van a someter ó seu marido a unha proba
de compatibilidade e demáis, dille que é posible que
atopasen un doador para o seu home. O corazón de Uxía
inúndase dunha inmensa ledicia, pero por máis que
tenta evitalo non pode deixar de facerse ilusións.
Ela e máis Ariadna pasan unha hora de incertidume, ata que
sae o médico anunciándolles que o resultado das probas
foi positivo, van a intervir ó seu home.
Veu pasar a Demetrio na padiola camiño do quirófano,
esperáballes unha longa espera.
Demetrio evolucionou favorablemente.
Este tráxico feito serviu para que Uxía se percatase
da súa equivocada opinión.
Como reflexión, quixera facer un chamamento a tódalas
persoas que pensan igual que Uxía, para que se percatasen
que para facelo teña que pasar algo tráxico. Recorda:
doa, pódelo necesitar.
(José Luis Núñez Fernández -16 anos-,
alumno de 3º ESO do IES "Germán Ancochea Quevedo",
A Pobra de Trives - Ourense)
|