PROMOCIÓN DA DOAZÓN DE SANGUE

Dende a unidade de Promoción da doazón de sangue iníciase a actividade do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). Realizamos a programación dos desprazamentos das nove unidades móbiles que diariamente percorren a nosa comunidade e desenvolvemos as campañas informativas:
* As unidades móbiles acuden a cada localidade en función do número de habitantes e do número de doadores de sangue censados en cada unha delas.
* As campañas informativas aúxtanse ás características de cada colectivo (cidades, barrios, pobos, parroquias, empresas, centros de ensino...).

O labor que desenvolvo na provincia de Ourense vai encamiñado a conseguir que tódolos días do ano prodúzanse o número de doazóns suficientes para poder cubri-las necesidades de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais:
- Charlas informativas en centros de ensino.
- Conferencias en colaboración cas asociacións.
- Distribución de material informativo antes da chegada da unidade móbil (carteis, folletos...)
- Entrevistas nos medios de comunicación.
- Desenvolvemento de campañas especiais en colaboracón coas institucións e asociacións (é un bo exemplo as que levamos a cabo con ALCER-Ourense).
- Busca de voluntarios en cada concello para desnvolver programas informativos.

Así mesmo, cada ano poñemos en marcha un intenso plan de comunicación, elaboramos unha campaña publicitaria que abrengue tódolos medios de comunicación e mentemos ó longo do ano unha intensa campaña informativa.
En síntesis, o meu traballo consiste en informar ós cidadáns de todo o que rodea a doazón de sangue e intertar facilitarlles a súa participación, desprazando a unidade móbil de doazón a tódolas localidades coa frecuencia axeitada.
Para terminar, quixera agradecerlle a colaboración nos dez anos de actividade do CTG, a tódalas persoas anónimas, Institucións, Asociacións, empresas, centros de ensino e medios de comunicación, xa que sen a súa axuda sería imposible desenvolver esta actividade. E por suposto a tódolos que doaron sangue e permitiron que moitas persoas puidesen recuperar a súa saúde.

(Carmen Fernández Gil, Promotora da Doazón
do Centro de Transfusión de Galicia - CTG -, para Ourense)

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir