|
"E NO MESMO SACO: AODEM"
A Esclerose Múltiple
A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica
do Sistema Nervioso Central que afecta de forma intermitente á
sustancia blanca (mielina) que recubre as fibras nerviosas da médula
espinal e do cerebro. Alí donde se destrúe a mielina,
aparecen as placas de texido endurecido (esclerose). Como consecuencia
os impulsos nerviosos interrónpense periódicamente,
ou definitivamente nos casos máis graves. É unha enfermidade
moi variable, dependendo da zona que estea afectada; non segue unha
pauta fixa e algunhas persoas experimentan síntomas, mentras
que outras non. A súa causa é descoñecida,
na que participaría un axente ambiental non recoñecido
(probablemente un virus) sobre persoas con determinada susceptibilidade
xenética que orixinaría a aparición dunha resposta
inmune alterada, dirixida contra a mielina.
Esta enfermidade ocasiona invalidez neurolóxica grave nun
tercio dos casos ó cabo de 2 - 10 anos, outro tercio evoluciona
lentamente á invalidez no curso de 10 - 25 anos, o tercio
restante considérase formas benignas que se estabilizan e
permiten unha vida completamente normal, polo menos durante os 10
primeiros anos. A taxa de supervivencia media oscila os 25 - 30
anos. Declárase principalmente en persoas de 20 a 40 anos.
Na actualidade non existe tratamento curativo, sen embargo algúns
fármacos demostraron certa eficacia acadando nalgúns
casos modifica-lo curso da enfermidade, reducindo o número
de brotes e a súa severidade. Por outro lado, existen numerosas
vías de investigación que fan que o panorama terapéutico
sexa moi esperanzador. O tratamento rehabilitador, entendido como
atención integral, é de vital importancia para acada-las
capacidades residuais do paciente así como para previr complicacións
secundarias.
A Asociación: AODEM
En Febreiro de 1996 comeza a funcionar de maneira independente
AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple),
aínda que adherida a AEDEM. De igual maneira formamos parte
de COGAMI (Confederación Galega de Minusválidos) e
de DISCAFIS (Federación Provincial de Asociacións
de Discapacitados Físicos de Ourense). A nosa finalidade
é poder prestar unha atención integral, mellorando
así a calidade de vida, respostando ó mesmo tempo
ás necesidades fundamentais de tódolos afectados.
Actualmente é Presidente da Asociación Constantino
Guzmán Rodríguez.
Actividades e Programas de AODEM
Actividades
- Asesoramento e Orientación Familiar e Persoal
- Educación para a Saúde
- Educación e Esclerose Múltiple
Programas
- De Atención Domiciliaria
- De Intervención Fisioterapéutica
- Servicio de Movilidade
- Servicio de Consulta Xurídica
Domicilio Social
Area Social AIXIÑA
Rúa da Farixa, 7 - Finca Sevilla
32.005 - OURENSE
Tlf/fax: 988 25.22.51
Correo electrónico aodem@wanadoo.es
(fonte: Asociación Ourensana
de Esclerose Múltiple - AODEM)
|