A
DOAZÓN DE SANGUE EN GALICIA
I. A DOAZÓN DE SANGUE
É un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para
que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde,
e mesmo, salva-la vida. Os homes poden doar un máximo de 4 veces
ó ano e as mulleres 3 veces ó ano; deixando pasar entre cada doazón
un mínimo de 2 meses. Non se debe acudir sen almorzar
e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.
ENTREVISTA:
|
O
noso primeiro obxectivo é preserva-la
saúde do doador
|
Antes da doazón un médico realiza unha entrevista
confidencial, para descartar calquera aspecto que impida á súa
realización.
Mídese o pulso, a tensión sanguínea e tómase unha
pinga de sangue dun dedo para medi-lo nivel de hemoglobina e descartar
unha posible anemia.
As condicións mínimas para doar sangue son:
- Persoas cunha idade entre 18 e 65 anos
- Saúde normal e máis de 50 quilos de peso
- Non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles
polo sangue
(hepatite B, hepatite C, sífilis, SIDA,...)
DOAZÓN:
 |
Durante
a doazón,
NON hai ningunha posibilidade de contraer
enfermidades transmisibles polo sangue
|
Dura aproximadamente de 5 a 7 minutos. O persoal
sanitario emprega MATERIAL ESTÉRIL e dun só uso, que é desprecintado
momentos antes de atender ó doador.
RECUPERACIÓN:
Ó rematar, ó doador toma un refrixerio consistente
en auga ou refrescos e algún alimento sólido. O volume de sangue
extraído (450 ml) recupérase nas dúas horas posteriores á doazón.
A doazón NON DEBILITA o organismo.
Ós poucos días de ter doado envíase ó domicilio
do doador, de xeito confidencial, un carné que acredita a súa
condición de doador, xunto cos resultados das análises realizadas,
para o coñecemento do seu estado de saúde.
A posesión do carné de doador non obriga a
doar un número determinado de veces ó ano xa que, por lei, a
O
xesto sinxelo de doar sangue, permite que cada día moitas
persoas poidan curar
e mesmo salva-la súa vida
|
doazón de sangue é un acto voluntario.
II. SOBRE O SANGUE
O sangue non se emprega tal e como se lle extrae
ó doador. Cada bolsa de sangue doado sométese a un proceso de
separación no que se obteñen tres compoñentes sanguíneos (glóbulos
vermellos, plasma e plaquetas). Normalmente cada enfermo require
só un deles:
-
GLÓBULOS VERMELLOS. Precísanse nas intervencións cirúrxicas,
nos transplantes de órganos, hemorraxias debidas a accidentes, …
Duran
ata 42 días
- PLASMA. Contén proteínas para o tratamento
de grandes queimados , enfermidades crónicas, enfermidades infecciosas,
,... Consérvase ata un ano
UNHA DOAZÓN de sangue pode beneficiar a máis dun enfermo
xa que os tres compoñentes
sanguíneos adoitan utilizarse por separado
|
- PLAQUETAS. Necesítanse no tratamento
de enfermos con cancro ou leucemia, nos transplantes de medula
ósea, … Tan só duran 5 días.
Os compoñentes sanguíneos tamén pódense doar
polo procedemento de AFÉRESE. Esta forma diferente de doar, permite
a separación dos compoñentes da sangue no mesmo proceso da doazón
, permitindo obter en unha aférese as mesmas plaquetas que as
obtidas en seis doazóns convencionais co que se mellora a calidade
transfusional e se reduce o risco de reaccións adversas para o
paciente.
Tan só 7 de cada 100 doadores posúen
o grupo sanguíneo CERO NEGATIVO coñecido como DOADOR
UNIVERSAL, frecuentemente utilizado nas urxencias, polo
que estamos a desenvolver campañas informativas para concienciar a este
grupo especial de doadores.
|
Sangue cero negativo
hai pouco e urxencias moitas tódolos días
|
|
No ano 2004 precisaremos en Galicia ó redor de 125.000
doazóns de sangue para
cubrir tódalas necesidades dos nosos hospitais
|
Nunha intervención cirúrxica poden precisarse
2 bolsas de glóbulos vermellos, pero nalgúns accidentes de tráfico
e nos transplantes de fígado chégase a utiliza-lo sangue que doan
20 - 30 persoas e as veces máis.
III. DATOS SOBRE A DOAZÓN NO 2003
En agosto de 1993 comezaba o labor do Centro
de Transfusión de Galicia, ocupando a nosa Comunidade Autónoma
o derradeiro lugar de España en taxa de doazón de sangue (25 doazóns
por cada 1.000 habitantes e ano). Co desenvolvemento das campañas
informativas e as facilidades que se deron ó aumenta-las campañas
de doazón de sangue mediante unidades móbiles, produciuse unha
progresiva concienciación da poboación.
As 121.663 doazóns de sangue do
pasado ano 2003, que representan 45 doazóns por cada
1.000 habitantes e ano, fixeron que por cuarto ano consecutivo
acadásemos o índice recomendado pola Organización Mundial
da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e
ano), superando a media de doazón estatal, que actualmente
está en 39 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Nos once anos de actividade do CTG,
Galicia foi a comunidade de maior incremento acumulado
en número de doazóns de sangue, cun crecemento do
76 %. Isto motivou que pasásemos de se-la última
comunidade autónoma en taxa de doazón a nos converter
na cuarta a nivel estatal.
|
Provincia
|
Doazón
2002
|
Taxa
Doazón 2002
|
Incremento
2002/2001
|
Doazóns
2003
|
Taxa
Doazón 2003
|
Incremento
2003/2002
|
|
A
Coruña
|
55.294
|
50/1000
|
0%
|
56.474
|
52/1000
|
2%
|
|
Lugo
|
10.100
|
28/1000
|
7%
|
12.626
|
35/1000
|
25%
|
|
Ourense
|
9.922
|
29/1000
|
16%
|
12.061
|
36/1000
|
22%
|
|
Pontevedra
|
40.477
|
45/1000
|
6%
|
40.502
|
45/1000
|
0%
|
|
GALICIA
|
115.793
|
43/1000
|
4%
|
121.663
|
45/1000
|
5%
|
|
TAXA
DE DOAZÓN: número de doazóns por cada 1.000 habitantes
e ano
|
No ano 2003 cabe salientar o gran incremento
na participación acadado nas provincias de Ourense e Lugo, gracias
a un programa especial levado a cabo nestas dúas provincias, no
que desenvolveuse unha intensa campaña informativa e aumentáronse
os horarios de atención ó doador.
|
Provincia
|
Doazón
1992
|
Taxa
Doazón 1992
(Censo 1991)
|
Doazóns
2003
|
Taxa
Doazón 2003
(Censo 2001)
|
Incremento
Acumulado
1992/2003
|
|
A
Coruña
|
31.808
|
29/1000
|
56.474
|
52/1000
|
77%
|
|
Lugo
|
8.474
|
22/1000
|
12.626
|
35/1000
|
49%
|
|
Ourense
|
7.766
|
22/1000
|
12.061
|
36/1000
|
55%
|
|
Pontevedra
|
21.052
|
24/1000
|
40.502
|
45/1000
|
92%
|
|
GALICIA
|
69.100
|
25/1000
|
121.663
|
45/1000
|
76%
|
|
TÁBOA:
Incremento acumulado de doazóns de sangue por provincia
(ano 1992-2003)
|
IV.
CONCLUSIÓNS
1.
En Galicia, no ano 2003, participaron nas campañas de doazón de
sangue 85.822 persoas ( 3.899 persoas máis ca en 2002 ) que fixeron
121.663 doazóns de sangue. Ademais, 15.911 persoas realizaron
a súa doazón por primeira vez, o que supón o 13% das doazóns.
2. O desprazamento diario das dez unidades
móbiles facilitou a participación dos cidadáns, que actualmente
prefiren doar sangue nas unidades móbiles (84%) ó contrario que
en 1992.
3.
Sinala-lo excelente resultado das campañas levadas a cabo nos
meses verán, época de maior dificultade para acadar un nivel axeitado
de doazóns. Gracias á colaboración das corporacións locais de
máis de 200 concellos, á Federación Galega de Doadores
de Sangue e ós medios de comunicación, neste período as doazóns
medraron nun 6% con respecto ó verán anterior, o que permitiu
facer fronte a tódalas necesidades.
4. Salienta-lo crecemento alcanzado no pasado
ano 2003 nas campañas de doazón organizadas nas empresas (34%),
nas parroquias (26%) e nos barrios das grandes cidades ( 3% ).
5.
No ano 2003 houbo en Galicia 9.365 doazóns de sangue
mediante o proceso de AFÉRESE, sendo o centro de
transfusión con máis doazóns deste tipo en España. Esta
forma diferente de doar compoñentes do sangue contribúe a
mellora-la calidade dos compoñentes sanguíneos, que posteriormente
se utilizan nos hospitais galegos e é fundamental para o tratamento
de enfermidades como o cancro e a leucemia e nos transplantes
de medula ósea.
6. Actualmente, rexuveneceuse enormemente a
base de doadores de sangue en Galicia, xa que a metade das persoas
que participan teñen entre 18 e 32 anos.
|
Idade
|
Porcentaxe
de Doazóns
|
|
18
- 22 anos
|
16,3%
|
|
23
- 32 anos
|
32,9%
|
|
33
- 42 anos
|
24,2%
|
|
43
- 65 anos
|
26,6%
|
|
|
Sexo
|
Porcentaxe
de Doazóns
|
|
Muller
|
47%
|
|
Home
|
53%
|
|
V.
CONTACTA CO CTG
O Centro de Transfusión de Galicia dispón dunha
liña GRATUÍTA de atención telefónica (de 8.00 ás 22.00
horas) no que é posible solucionar calquera dúbida relacionada
coa doazón ou coñece-la data dos desprazamentos das unidades
móbiles: 900 100 828
Outras formas de contactar co CTG son o correo
electrónico e durante este ano 2004 a nosa páxina WEB: http://
www.ctg.es
e-mail:doadoressangue.ctg@sergas.es
Departamento de Promoción
da Doazón
do Centro de Transfusión de Galicia (CTG),
Santiago de Compostela