“AMIGUIÑOS”

Compráceme ser partícipe deste apartado do Boletín Informativo de ALCER-Ourense, xa que así podo expresar tódolos meus sentimentos e, como non, axudar coa miña experiencia a outras moitas persoas que sofren a mesma doenza que min.

      Realmente non sei moi ben por donde comezar, xa que vivín moitas cousas neste terreo, algunhas positivas e outras negativas, pero todas elas servíronme para madurar e darme conta do maravilloso que é vivir.

      Eu era unha rapaza moi “normal”, como tantas outras, algo nena, pero boa persoa. Eu vivín toda a miña infancia e xuvetude en León, ata que un bo día, coñecín ó que hoxe é o meu marido. Trasladeíme aquí, a Ourense e abandonei todo por el, familia, amigos, estudios... Algo do que non me arrepinto.

      Ós catro meses de casarme, quedeíme embarazada e tamén descubrín que tiña esta maldita enfermidade. Nun principio o médico de cabezeira non lle deu apenas importancia, díxome que os riles estaban mínimamente danados, soamente me recomendou que o embarazo mo controlaran en consulta de alto risco, para máis seguridade.

      Eu realmente, non estaba para nada concienciada do que tiña, para min foi como dicir que tiña unha gripe, non me imaxinaba nin por un instante o que me esperaba.

      Meu fillo naceu con oito meses porque eu xa me atopaba mal e tiveron que provocarme o parto, eso foi un seis de xuño do 1999, e a principos de xaneiro a Dra. Pérez colocábame o catéter peritoneal. Antes disto, ingresáronme na Residencia para facerme unha biopsia, con tan mala sorte que en vez dunha, foron tres, por culpa de fallos médicos.

      Ó principio estaba nunha “nube”, todo me parecía estrano, algo que non podía ir comigo, parecíame incrible que eu, unha rapaza que sempre tiven tanta vitalidade e enerxía, poidera atoparme naquela situación.

      Con todo este cambio que experimentei, veúseme o mundo enriba. Apenas saía á rúa e non tiña amigos, sentíame soa. Nin tan só o cariño do meu marido e do meu fillo axudábanme. Pero, pouco a pouco, fun coñecendo a miña enfermidade e decateíme de que non era tan terrible como supoña nun principio. Puxen moita forza de voluntade e decidín que tiña que esforzarme por intentar levar unha vida o máis normal posible, polo meu ben e polo da miña pequena familia.

      O que máis me fastidiaba é que estaba naquela situación por unha causa ridícula, por infeccións de orina de repetición, mal curadas, o cal me parecía absurdo.

      Pasei sete meses máis ou menos tranquila, o catéter íame ven, e eu estaba “feliz”, ata que un mal día chamáronme para un transplante e digo o de mal día porque foi unha das miñas peores experiencias, algo que xamáis poderei esquecer; foi decepcionante.

      Cando me chamaron por teléfono era sábado pola mañá, leveíme unha grande sorpresa porque levaba pouco tempo na lista de espera. Fomos para A Coruña. Preferín que o meu marido me levera no coche xa que non me gustan as ambulancias. No coche ía tamén a miña amiga Ana que ese mesmo día dispúñase a marchar para Madrid pero decidíu acompañarme; o cal lle agradezo de corazón. Pois ben, o transplante tan esperado tivo lugar as catro horas máis ou menos, durante este tempo os nervios apoderáronse de min, estaba angustiadísima, tiña medo á dor, pero quede claro que en ningún momento imaxinei o fracaso. Estaba convencida de que todo ía a saír ben; pero non foi así, sofrín unha trombose arterial, polo que ás poucas horas tiveron que abrirme para quitarme o ril. Foi un pesadelo, durante seis días non me deron de comer, e o que é peor é que tampouco podía beber. Tiña a espalda e os brazos negros, sentíame como se pasase unha apisoadora por riba de min. O meu marido intentaba calmarme, pero o único que conseguía era que me puxera “verde”.

      Foron os quince dáis máis longos da miña vida, non entendía como tivera tan mala sorte, incluso ese mesmo día tamén transplantaron a outras dúas rapazas de Ourense, que gracias a Deus tiveron máis sorte na operación, do cal me alegrei moito.

      Xa de volta na miña casa propúxenme recuperarme o máis pronto posible, para poder seguir coa miña vida de antes. Foi duro, pero coa axuda do meu marido e en especial da miña sogra, a cal quero moito, puiden saír para adiante.

      Quero deixar constancia que considero os meus sogros como os meus verdadeiros pais. Recibín por parte deles tódolo apoio que unha persoa pode desexar. Dende aquí quero decirvos que gracias por todo, polo amor, o cariño e a comprensión que me brindastes. Aproveito tamén para da-las gracias o meu marido pola paciencia e dozura coa que me tratou sempre, se non fose polo seu cariño e tamén polo meu fillo, posiblemente me fundiría moralmente. ¿Como non?, dou gracias igualmente a todas aquelas persoas que estiveron ó meu carón nos momentos difíciles, especialmente as miñas amigas Manola e Eva, a miña curmá Gloria e a miña cuñada Rita. Unha vez máis, gracias a todos.

      Nos duros momentos da vida, e cando te decatas de quen tes ó redor, a vida dache moitas sorpresas pero é bo, porque ábreche os ollos á realidade, a veces crúa pero real.

      Despóis de recuperarme da operación pasei un tempo de case dous anos e medio bastante ben, pese a algunha complicación que de cando en vez se interpuña no meu camiño.

      Sofrín tres infeccións do orificio do catéter e unha peritonite o cal me levou ó quirófano. A Dra. Pérez comentoume que era necesario quita-lo catéter peritoneal e colocar outro. Ó principio ía bastante ben pero pouco a pouco decateíme de que non me atopaba como antes. Cambiáronme o tratamento en varias ocasións pero sen resultados. A máquina non me drenaba os líquidos e eu inchaba un montón polo que tiven que pasar a tratamento de hemodiálise.

      Ó comezo paseino fatal, foi un cambio moi brusco, era totalmente distinto. Ver todo aquel sangue pasar ó meu redor angustiábame moitísimo. Pouco a pouco habitueíme ó novo sistema, e aquí estou loitando día a día para ser feliz e facer feliz tamén á xente que me quere.

      Para finalizar gustaríame facer un chamamento ós cidadáns para que se conciencien das moitas vidas que poden salvar e outras moitas mellorar, si aportan o seu grao de area. Tamén sería preciso que as persoas fixeran doazóns en vida, recoñezo que é algo máis delicado pero sería extraordinario. Esto dígoo porque eu no seu día creín en alguén moi preto de min, que me ofreceu a seu ril e fíxome moito dano. Non se pode ilusionar a naide para logo fundilo, non se pode xogar coas persoas como fixeron comigo. Ante todo hai que ser persoas.

      Os meus agradecementos a ALCER-Ourense.

Rosa Iglesias de Dios,
Quinto Vocal de ALCER-Ourense

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir