DOAZÓN E TRANSPLANTE DE
ÓRGANOS
Os trasplantes representan hoxe en día unha alternativa
terapéutica habitual que permite mellorar e salva-la vida de moitos
enfermos. Sen embargo para esto precísase, ademáis dos coñecementos
científicos, a participación social, pois os órganos e texidos
a implantar non se poden fabricar, senón que a súa obtención debe
ser froito da solidaridade humana.
Por unha parte, é precispo incidir na información
o máis clara e directa posible a toda a población para que saiban
exactamente o que representa o trasplante, a súa necesidade, e
para eliminar calquera tipo de dúbidas que poidan persistir sobra
a doazón.
Por outra parte, sabemos que a modificación
de conductas na sensibilidade cara a calquera tema debe comezarse
nas primeiras fases educativas, é decir sempre é máis fácil sensibilizar
ós nenos que modificar crenzas nos adultos.
Por este motivo, a Concellería de Educación,
Universidade, Bibliotecas, Xuventude, Voluntariado e Consumo do
Concello de Ourense, continuando co programa “Días con nome propio”
celebra o Día do Doante de órganos, que se conmemora normalmente
o primeiro mércores do mes de xuño, nos centros de ensino de Ourense.
As actividades consisten nunhas charlas-coloquio
nas que participan membros de Alcer Ourense.
Julia Garea Cao
Coordenadora do Programa
de Información
sobre a Doazón de Órganos
e Transplantes
(Concello de Ourense)
en OURENSE, a 20 de maio
do 2004