SAÚDO

Alcer ven desenvolvendo un intenso e efectivo labor ó longo de moitos anos, contribuíndo, primeiro, a sensibilizar á sociedade sobre un problema de saúde e, asemade, colaborando cos doentes na percepción atenuada do seu problema e na prestación de servicios de apoio.

Asemade, intensa e efectivo foi -e segue sendo- o seu traballo de sensibilización na doazón de órganos, camiño este no que se ten andado un treito importante pero no que queda aínda un camiño considerable por percorrer.

Facer da nosa unha sociedade solidaria é un labor no que todos nos debemos implicar e sentir responsables. Pouco hai máis gratificante e solidario ca salvar unha vida, ca dar vida gracias á aportación duns órganos doutra maneira estériles.

Quixera, dende estas liñas, reiterar, novamente, o meu recoñecemento ó labor desenvolvido por ALCER na provincia de Ourense a animar a tódolos lectores deste boletín a que se esforcen en facer da nosa unha sociedade solidaria e comprometida. Estou seguro que este principio faranos a todos mellores e será unha boa contribución para o futuro.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Excelentísima Deputación Ourense

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir