O DOBRE TRANSPLANTE RENAL  

En primeiro lugar, deseo agradecer a ALCER Ourense a oportunidade que me brindou de asomarme a este foro de comunicación para o intercambio de coñecementos entorno á patoloxía renal. Encomendóuseme expor sucintamente o concepto e a xustificación dos dobres transplantes renais. E en base a elo exporei:

O procedemento do que falamos consiste no implante, nun único receptor, de dúas unidades renais, nun mesmo tempo cirúrxico. Antes de pricisa-lo segundo punto convén aclarar certos aspectos:

O proseco do transplante renal é longo, e en ocasións tortuoso, presentando unha serie de estacións ben delimitadas con intervencións multidisciplinares: selección de candidatos (con patoloxía renal irreversible, non recidivante e erradicable en pacientes que o seu estado xeral permita polo demais acometer o procedemento) -- inclusión en lista de espera para transplante -- aparición de inxerto de doador histocompatible -- acto cirúrxico de transplante renal -- seguimento médico para control de funcionalidade, inmunidade e complicacións -- deterioro agudo ou crónico do inxerto -- reinicio do proceso.

Por outra parte, o envellecemento da poboación xera un aumento xeral dos padecementos médico-cirúrxicos, a selección de candidatos amplía progresivamante os seus límites, certos enxertos sofren rexeitamento agudo, vasculopatía ou algunha outra incidencia que conleva a súa perda, a lonxevidade do programa de transplantes que unido á limitada duración do enxerto (aínda cando se realizáron avances científicos espectaculares que prolongaron sobremaneira estos tempos) levou a unha maior frecuencia de retransplantes, o gran desenvolvemento do progarma de transplante multiorgánico... todo elo, conleva un incremeto da demenda de órganos.

Situando no outro lado da balanza as donacións, apreciamos que, o noso país conta cunha boa taxa das mesmas procedentes de cadáver, en relación con outras nacións do noso entorno xeo-político, sendo, nembargantes, insuficientes para cubri-las demendas, e, por elo, adicionados ó escaso número de órganos de doador vivo, xenera unha lista de espera máis extensa do que nos gustaría.

En vista da situación, e en aras a un maior aproveitamento dos recursos ó noso alcance, cumplindo os obxectivos terapéuticos necesarios, dende fai algunhos anos púxose en marcha o “transplante renal simultáneo de dous enxertos nun único receptor”.

¿Por que dúas unidades renais para un mesmo paciente? Pois porque trátase de riles estadisticamente subóptimos (que non acadaron o seu grado óptimo de maduración, afectados polo paso do tempo ou con parcial menoscabo da súa funcionalidade). Quere esto dicir que como unidade independente, nos estudios estadísticos, mostran unha menor capacidade depurativa que aqueles outros enxertos considerados óptimos (aínda cando nalgún caso os igualen).

Por elo, para evita-la perda de todas estas fontes (que dadas as actuais condicións da nosa sociedade, comezan a ser as máis abundantes), asegurar un adecuada marxe de reserva funcional e beneficiar ós receptores, resolveuse, nestes casos, amplia-la marxe de seguridade, mediante a cooperación de ambos riles xerando un nivel de funcionalismo igual ou superior ó dos riles óptimos.

Así pois, xérase unha utilidade para estas unidades que, noutro tempo, rexeitábanse dada a existencia dunha incertidume funcional sobre elas. Buscouse unha alternativa válida e segura. Supón unha nova victoria na loita pola calidade de vida e a lonxevidade dos pacientes con patoloxía renal invalidante.

Dr. Alfonso Barbagelata López

Urólogo Residente Servicio de Uroloxía

CHU Juan Canalejo (A Coruña)

 

 

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir