|
 |
 |
|
Benita Mansó
|
INFORMACIÓN ÓS PACIENTES CON IRC EN PRE-DIÁLISE
As alternativas das que se dispoñen hoxe en España para o tratamento
da insuficiencia renal crónica (IRC) son básicamente catro: transplante
renal, hemodiálise en centro ou domiciliaria (HD), diálise peritoneal
continua ambulatoria (DPCA) e diálise peritoneal automatizada (DPA).
O Aumento que nos últimos anos tiveran as modalidades de transplante,
DPCA e DPA frente á alternativa máis tradicional (HD), fixeron que
a selección de tratamento máis adecuado para cada paciente sexa
unha parte do proceso que ata fai poucos anos non se plantexaba.
A información ó paciente renal sobre as opcións de tratamento
é un elemento necesario na práctica profesional.
“Cada paciente ten o dereito de vivi-la súa vida coa maior
plenitude e a ser informado dos posibles tipos de tratamento.”
“Tódolos pacientes con fracaso renal crónico deben ser informados
das distintas opcións terapéuticas, para que eles mesmos podan escoller.”
Un obxectivo por tanto dos profesionais de enfermería, é
aumenta-los coñecementos e a colaboración dos pacientes: é ben coñecido
que unha boa educación mellora a súa calidade de vida.
A tardanza da información ten un efecto negativo, xa que
no intre de comezar depuración extrarrenal, a capacidade para asumi-lo
que se lle explica vese afectada polo estado de avance da súa enfermidade,
e a tarefa de información nese momento é moi difícil.
O obxectivo da consulta pre-diálise é: proporcionar ó paciente
e á familia a información adecuada co tempo suficiente, sobre as
diferentes opcións de tratamento e as implicacións na rutina diaria,
para que poda escoller aquello que máis se acomode o seu estilo
de vida e capacidades.
MATERIAL UTILIZADO:
- Guía informativa “Aprendendo a coñece-las opcións do tratamento
renal sustitutivo” (a entregar ó paciente na primeira cita).
- Libro de peto “Preguntas e respostas” (para uso profesional,
co obxectivo de homogeneiza-las preguntas máis habituais. Se se
considera oportuno, podería tamén entregárselle ó paciente).
- Caderno de demostración sobre “Opcións de tratamento” (para
presentar ó paciente na primeira cita).
- Vídeo sobre
insuficiencia renal e tratamento (para visualizar xunto ó paciente
na segunda cita).
MÉTODO PARA REALIZAR-LO PROCESO DE INFORMACIÓN:
- O nefrólogo comunica que o paciente debe comezar a recibir información.
- O profesional informador adquire os datos do paciente para unha
posta en contacto co paciente e acorda a primeira cita.
1º Primeiro contacto educativo (primeira cita):
- Consulta de nefroloxía
- Tempo empregado: 1 hora
- Utilizando o caderno de demostración dase unha información
xeral
- Entrégase o libro “Aprendendo a coñece-las opcións de tratamento
renal sustitutivo”.
- Acórdase unha segunda cita nun plazo de 15 días.
- Recoméndase ó paciente que relea o libro “Aprendendo a coñece-las
opcións de tratamento renal sustitutivo” o día anterior a segunda
cita.
2º Reforzos educativos:
- Acláranse dubidas que teña o paciente.
- Preséntaselle o vídeo informativo (o informador ve o vídeo
co paciente).
Parece claro que unha información temperán pode levar unha
serie de beneficios: incrementa a posibilidade de retrasa-lo comezo
do tratamento, maior índice de retención na modalidade escollida,
redúcese o custo de comezo do tratamento, redúcese o tempo de hospitalización
no comezo do tratamento.
BENITA MANSO FEIJÓO
Enfermeira Unidade Diálise
Peritoneal Servicio Nefroloxía
Complexo Hospitalario de
Ourense
|