Concepción

HISTORIA DA UTILIZACIÓN DAS PLANTAS CON FINES MEDICINAIS

A utilización das plantas en medicina non é novo, podendo dicir que ambolos dous campos estiveron ligados desde os seus propios comenzos, figurando sempre a utilización das plantas como as primeiras solucións para determinados males do corpo. Pero mais frecuente foi o seu emprego para os males do espíritu, sendo a mesma persoa a que diagnosticaba e a que aplicaba o remedio, estando polo tanto ligada a medicina e o “curandeirismo”, co afán de aliviar ó enfermo dos seus males.

      Referencias a esta actividad foron recollidas xa nos libros sagrados dos xudeos, moito antes da chegada de Xesucristo. Pero foi en Grecia onde xurde por primeira vez a figura do médico, como persoa que diagnostica e prescribe segundo os síntomas do enfermo, separada da persoa que prepara os medicamentos que se deben administrar, correspondendo este traballo a un practico que debía posuir un alto coñecemento das plantas e das súas mesturas, figura que se definiu como “boticario”. Neste senso é a Escola de Alexandría, na época de Alexandro, é a que recolle definitivamente dúas profesións claramente diferentes: o médico e o boticario.

      Durante o imperio romano seguese a desenvolver unha amplia cultura botánica. As noticias referentes aos encargados de colleitar as plantas medicinais son constantes, aos que se coñecía como "os Herbarii", que tiñan tamén o encargo de cultivalas e clasificalas. O historiador romano Plinio  tamén  se sumou a esta actividade, facéndose eco da importancia das plantas na medicina, deixándonos unha completa lista das que eran utilizadas para a curación de diversos males.

       Xa na Edade Media, onde o furor relixioso o empapa todo, aparecen referencias as misións que desempeñaban físicos e boticarios, adxudicándolle as herbas un inevitable protagonismo no campo da bruxería.

      Sen embargo, é a través dos árabes, por onde nos chega o máis famoso dos libros escritos sobre as plantas e as  súas propiedades curativas: "o Dioscórides". Segundo De Sa Bravo, foi un regalo do emperador bizantino ó califa de Córdoba, Abderramán III. Esta obra, xa un clásico na botánica, foi permanentemente estudiada e ampliada con numerosas contribucións.

      En cuanto a súa utilización en Galicia, penso que o que influíu dunha maneira máis positiva, foi a implantación nos mosterios, da coñecida Regla de S. Benito e a súa máxima "Ora et Labora", así como as outras disposicións, en cuanto a atención dos enfermos, poñendo a súa disposición todolos recursos monacais, o que fixo que en cada mosterio se estableceran dependencias encargadas de guardar e distribuir as plantas e os remedios, coñecidas como boticas.

      Por esta razón nos mosterios aparecen farmacias fermosas e ben provistas. De todas elas adquiru unha importancia especial a de Oseira, que durante o mandato do Abade Cristóbal Peralta podía competir coas mellores de España. Outras tamén importantes e ben documentadas foron as dos mosterios de S. Martín Pinario, S. Esteban de Rivas do Sil, S. Rosendo, S. Clodio y Montederramo, por citar as mellores.

      Por suposto, a utilización das plantas en Galicia, non foi exclusivo dos mosterios, senon que se desenvolveu dunha forma común sobre todo no mundo rural, de tal forma, que en cada pobo ou aldea, por pequena que fose, en todalas casas dispuñase na horta mais próxima dun espacio onde se coidaban con esmero algunhas plantas que consideraban imprescindibles por as súas propiedades curativas e que non se producían en Galicia de forma silvestre ou ben eran moi escasas, como pode ser a Herba Luisa, a Salvia, ou a Ruda. Outras, as mais comúns, colleitábanse directamente no monte, pois en xeral en cada aldea había unha persoa, que coñecía moi ben as plantas da zona, e era a que se encargaba da súa  colleita e herborización, despois o resto dos veciños iban a buscalas a súa casa cando as necesitaban.

CONCEPCIÓN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

 Bióloga e Catedrática de Enseñanza Secundaria,

Centro de Educación e Promoción de Adultos

-E.P.A. “Eduardo Pondal”- (A Coruña)

 

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir