NO NADAL REGALA ALGO VERMELLO

Dr. Carlos Areal

UN ANO MÁIS o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) impulsa no mes de decembro a campaña dedoazón "Regala algo vermello. Doa Sangue", coa que tenta manter estable a participación dos cidadáns nesta época do ano.

      Como é ben sabido, no Nadal moitas persoas disfrutarán da compañía dos seus familiares e amigos, pero os enfermos ingresados nos hospitais seguirán necesitando sangue tódolos días,... para eles non hai vacacións. Por iso, esta campaña especial tentar acadar 10.000 doazóns de sangue neste mese, deste xeito, cubriri as necesidades de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais.

      O CTG desprazará 10 unidades móbiles a moitos concellos e atenderá 7 locais de doazón nas sete grandes cidades, para facilitar a participación dos cidadáns neste xesto altruísta. Poñemos a disposición dos cidadáns un teléfono gratuíto para ampliar a información (900100828) e a nosa páxina WEB (www.ctg.es <http://www.ctg.es/> ).

      En nome do CTG, queremos agradecer a axuda que nos deron o longo destos once anos de actividade ás persoas, institucións e asociacións que amosaron o seu apoio no espallamento da información sobre a doazón de sangue en Galicia, no que temos que salientar o traballo de ALCER Ourense.

      Para rematar, desecamos unhas felices festas e ventureiro anninovo a tódalas persoas que doaron sangue ao longo deste ano.

      GRACIAS POR COMPARTIR A VOSA SAÚDE

Dr. CALOS AREAL MÉNDEZ

Director Técnico del Centro de Transfusión de Galicia

(Santiago de Compostela)

 

alcerourense@hotmail.com Aviso Legal
Ir á Portada volta atrás imprimir