A
pesares da escasa existencia en Galicia de vellas locomotoras
de vapor que, noutros tempos, percorreron a nosa xeografía,
na actualidade estase a levar iniciativas tendentes a súa
recuperación e conservación de todas aquelas
que aínda exisiten na nosa comunidade. Así,
de xeito concreto, o Museo Ferrocarrileiro "John Trulock"
dependente da "Fundación Cela", mailo seu
homónimo o "Museo do Ferrrocarril" de Monforte
de Lemos realizan unha importante labor de restauración
e posta en funcionamento deste importante legado do pasado.
O xornal "La Región",
datado o 23 de xullo de 1976, da conta na súa portada,
da colocacoión, por parte do Concello de Ourense, da
locomotora Zaragoza A, fronte á Estación Empalme
de Ourense, como monumento e homenaxe da cidade das Burgas
ós ferroviarios da Ponte.
A
laboriosa operación do traslado do traslado da gran
máquina de vapor mailo vagón auxiliar dende
os talleres da estación cara ó seu emprazamento
actual, no remate da rúa de Xesús Pousa na súa
confluencia con Gómez Franqueira, supuso neste intre
un enorme esforzo polas grandes dificultades técnicas
a superar, fundamentalmente polo tamaño da locomotora
mailo seu peso, unhas unhas setenta toneladas e media aproximadamente,
sumando a laboriosa colocación da mesma sobre os propios
carrissituados por riba da calzada.
A vella máquina de vapor,
datada no ano 1927, pertenceu a compañía Ferrocarriles
Centrales de Aragón, que foi quen mandou construir,
conxuntamente con outras tres unidades máis, todas
das mesmas características técnicas; esto é
dun ancho de vía de 1674 mm, modelo 240, nome 240-2072,
construcción Tubize, sendo o número de construcción
da de Ourense o 2047.
Só
se conservan na actualidade dúas das tres construídas;
a da Ponte maila que se atopa permanentemente exposta no Museo
do ferrocarril, situado na localidade Vilanova I La Geltrú,
en Cataluña.
Na actualidade se está
a levar, por parte do seu propietario actual o Concello de
Ourense, un laborioso proceso de restauración da vella
locmotora mailo vagón auxiliar, labor tantas veces
demendada pola Asociación de Amigos do Ferrocarril
e veciños da zona, consistente fundamentalmente na
limeza do soporte, a rexeneración dos elementos de
ferro e chapa así como a reparación total da
caldeira maila sala de máquinas, ademáis da
protección integral de todo o conxunto mediante a técnica
da aplicación de pintura e vernices anticorrosivos
que, deste xeito volta a devolver á máquina
a súa forma orixinal constructiva.
O símbolo ferroviario exposto,
aparte da súa función de ornato, constitúe
unha excelente mostra da enxeñería existente
da época, ademáis dun permanente símbolo
de agradecemento da cidade ó colectivo de persoas que,
co seu esforzo e tesón ó fronte destes dragóns
de ferro, conxuntamente cos demáis membros da entidade
ferroviaria pública, souberon traer o benestar, no
só para a cidade de Ourense, senón tamén
para todo o resto de Galicia.