Outono Fotográfico
X Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán
Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez
e M.ª Teresa Esteban.
No
Centro Cultural Deputación de Ourense, rúa do Progreso,
30 (Ourense) do 19 ao 21 de novembro ás 20. 00 horas.
Este
as Xornadas audiovisuais que se desenvolverán do 19 ao 21 de
novembro contarán coa presenza de dous socios do club que contarannos
as súas aventuras, J. Moldes no McKinley e “Manu”
Veiga por distintas paredes da península, e contaremos
coa presenza de Jesús Calleja de todos coñecido
polo seu programa “Desafío Extremo” na cadea de
televisión “Cuatro”.
MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO:"Recuerdo de Alaska"
por Javier Moldes Magdalena.
Ascensión ao Denali (McKinley) en Xuño de 2008 levada
a cabo pola expedición J-2, formada polo leones Javier Fernández
López do Club de Montaña Yordas e Javier Moldes Magdalena
do Club Alpino Ourensán.
Javier Moldes Magdalena, Pontevedra 1967. Socio do Club Alpino Ourensán
dende 1.998. Practica trekking, escalada nas súas diversas
modalidades, espeleoloxía e alpinismo, con ascensións
realizadas en España (Macizos Montañosos Galegos e Leoneses,
Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Serra Nevada, Pirineos)
e no estranxeiro (Perineo Francés, Alpes Franceses, Alpes Suízos,
Ecrins, Ecuador e Alaska).
XOVES 20 DE NOVEMBRO: "O noso terreo de xogo: selección
de escaladas" por Manuel Veiga Rial.
Percorreranse algúns dos macizos e montañas máis
significativas da xeografía peninsular, dende o punto de vista
da escalada clásica ou de parede. Para elo, amosaranse varias
escaladas de dificultade por algunhas das paredes máis coñecidas
no eido montañeiro.
Manuel Veiga Rial, Epsom (Inglaterra) 1971.Ten feitas máis
de 100 escaladas de corte clásico ou de parede, tanto en xeo,
roca ou mixto. Principalmente nos macizos peninsulares, nos Alpes
e tamén en Marrocos.
VENRES
21 DE NOVEMBRO: “Lhotse 8.516 m.” Por Jesús Calleja.
O Lhotse é a cuarta montaña mais alta do mundo. Nesta
proxección Jesús Calleja, protagonista do programa “DESAFIO
EXTREMO” da cadea de televisión CUATRO, móstranos
a súa ascensión, sendo o único español
en chegar a cima, no 50 aniversario da súa primeira ascensión,
traballando moi duro en equipar a ruta, usando sómente unha
botella de osíxeno, e escalando dende o campo IV (7.900 m.)
ate a cima e descendendo ao campo base (3.500 m.), en tan só
15 horas e 50 minutos (o normal son tres días), posiblemente
marca mundial. Fixo cima en solitario o día 12 de maio de 2006.
Jesús Calleja, León 1965.
As súas facetas deportivas son variadas, dende a bicicleta
de montaña ou o MotoCross, onde ten participado en carreiras
e longas travesías por diferentes continentes, o submarinismo
mergullando en practicamente tódolos mares do mundo, a aviación
sendo piloto privado de avionetas monomotor (licenza homologada internacionalmente
JJAR), escalada onde domina tódalas técnicas do alpinismo
(artificial, escalada libre, alpinismo, oitomilismo, roca, xeo, cascadas,
corredores, etc...)
En escalada en roca destacaría as 5 diferentes rutas, incluída
a exposta ruta “directísima” sobre a mítica
cara oeste do Pico Urriello, considerada unha das grandes paredes
verticais do mundo.
Ten viaxado incansablemente, dende os 18 anos, a través de
diferentes países por todo o mundo practicando os deportes
que domino, aínda que destacaría as escaladas feitas
en España que é onde ten alcanzado a máxima dificultade
técnica, tanto en roca como en xeo.
Tamén cabe subliñar as súas 34 expedicións
ao Himalaia, onde ten escalado picos de 6.000, 7.000 e 8.000 metros,
incluíndo o Monte Everest.
Nos últimos anos, ten pasado a ser ben coñecido grazas
ao programa da cadea de televisión CUATRO “DESAFIO EXTREMO”,
que semana a semana nárranos as súas aventuras ao largo
e ancho do planeta. |
|