PROGRAMA DA 5ª MOTI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE

DO 25 AO 30 DE DECEMBRO DE 2008
XOVES 25 ás 18'30 na Rúa do Paseo
ZANCOLINO PRODUS con SEGUIMOS SEN ATOPAR A MAMÁ

VENRES 26
- ás 12'00 no Complexo Hospitalario. TANXARINA con TITIRICIRCUS
- ás 18'00 e ás 19'00 no Teatro Principal. L´HOME DIBUIXAT con PIEDRA A PIEDRA
- ás 19'00 no Auditorio Municipal. TANXARINA con TITIRICIRCUS

SÁBADO 27
- ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio Municipal. AULA UNIVERSITARIA GEPETTO con RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS
- ás 17'00 no Teatro Principal. CUARTA PARED con OJOS Y CERROJOS

DOMINGO 29
- ás 17'00 e ás 19'00 no Auditorio Municipal. AULA UNIVERSITARIA GEPETTO con RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS
- ás 17'00 e ás 19'00 no Multiusos do Campus
KATARSIS con PA CAMA
- ás 17'00 no Teatro Principal. ENTREMÁNS con QUE PASA AQUÍ

LUNS 29

- ás 17'00 no Teatro Principal. CACHIRULO con DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ
- ás 17'00 e ás 19'00 no Multiusos do Campus
LA CASA INCIERTA con ANDA
- ás 19'00 no Auditorio Municipal. JÁCARA TEATRO con LOS AMIGOS DE BART

MARTES 30

- ás 17'00 no Teatro Principal. GORAKADA con LA CIUDAD INVENTADA
- ás 19'00 no Auditorio Municipal. RAYUELA con PLANETA DARWIN
- ás 19'00 no Campus. TRÉCOLA con PINOKIA

TRÉCOLA TEATRO
con Animación de rúa
Do luns 15 ao venres 19 de 12'00 a 14'00. Colexios e garderías
Do sábado 20 ao martes 23 de 18'00 a 20'00. Rúas
Do venres 26 ao martes 30 de 18'00 a 19'00. Rúas

ENTRADAS

Teatro Principal: 4 €
Auditorio Municipal: 4 € (Recadación días 26 e 27 para UNICEF)
Campus: 3 € (recadación para UNICEF)

HORARIOS DE TAQUILLA

Teatro Principal: de 11'00 a 13'30 e 1 hora antes das funcións
Auditorio: de 11'00 a 14'00 e 2 horas antes das funcións
Campus: 1 hora antes das funcións
(Desde o primeiro día, venta para todos os días en cada espazo).
13 compañías visitan a cidade con actuacións que inclúen pasarrúas, monicreques ou mesmo teatro para bebés.
A 5º edición da MOTI prepara un Nadal cheo de teatro para os máis cativos

Presentouse a 5º Mostra de Teatro Infantil da Cidade de Ourense, un evento cultural que xa é un clásico do Nadal ourensán. En compaña do director da Mostra, Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, e do Vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, repasaron o programa desta edición, que inclue 15 actuacións en diferentes espazos da cidade, así como pasarrúas e actividades en garderías e centros centros escolares. Terá lugar do 25 ao 30 de decembro.

A 5º edición da MOTI, arrancará o vindeiro xoves 25 na rúa do Paseo cun pasarrúas a cargo de Zancolino Produs cuxa actuación leva por título Seguimos sen atopar a Mamá, que conta as peripecias dos irmáns Zeta; Zico, Zaca e Zuco. A partir de aquí os escenarios do Auditorio, Teatro Principal e Multiusos do Campus abren as súas portas para acoller actuacións dalgunhas das compañías de teatro infantil de máis renonmbre no Estados, e nas que atopamos a L’Home Dibuxat, Títeres Cachirulo, La Casa incierta, jácara teatro, Gorakada, Trécolam Cuarta Pared ou Tanxerina. O conxunto de obras desusa un programa variado que satisfará o gusto de todos e que abranguen maios e pequenos: nesta 5º MOTI poderemos atopar monicreques, teatro de obxectos, danza, multimedia, teatro de actor e mesmo teatro específicamente deseñado para bebés, con xogos ao redor da sensorialidade.

As actuación, como xa se indicou, comezarán oficialmente o día 25, pero xa antes poderáse desfrutar da maxia do teatro: a partir do luns 15 e ata o venres 19 colexios e garderías contarán con accións promocionais da MOTI, e estas extenderánse a rúa a partir do 20 e ata o 23. Trátase de que todos os ourensáns poidan desfrutar o máximo desta mostra; mesmo aqueles nenos e nenas que por motivos de saúde non poidan acudir as representacións: a compañía Tanxarina estará o día 26 no Complexo Hospitalario coa súa obra Titiricircus, unha homenaxa ao circo no que comparten táboas monicreques e actores de carne e óso.

O prezo das entradas, que xa están a venta no Teatro, no Auditorio e no campus, serán de 4 euros nos dous primeiros e de 3 a terceiros. Desde a organización querían lembrar hoxe a cara máis solidaria destes billetes: toda a recaudación do Campus irá destinada a UNICEF, así como toda a correspondente o Auditorio os días 26 e 27.

TEATRO PRODUCIDO DESDE A CIDADE

Tanto o Tenente Alcalde como a Concelleira coincidían en apuntar que esta MOTI continúa o ciclo teatral ourensán, Teatrauria, xunto coa FITO e o MITEU, facendo de Ourense unha cidade “punteira” no que as artes escénicas se refire. Indo máis aló, hoxe anunciaban a produción, desde a propia Tenencia de Alcaldía, dunha obra de teatro infantil que estreará Sarabela preto das datas propiamente ditas da MOTI. O paso foi dado hoxe na Xunta de Governo e supuxo, en verbas do Tenente Alcalde, que “Ourense pase de ser cidade soamente exhibidora de teatro a tamén productora.”.