| MOTI
O martes 30 a MOTI presenta as obras
"Gorakada" ás 17.00 horas no Teatro Principal,
ás 19 horas na sala Multiusos do edificio de Ferro "Pinokia"
e ás 19 horas no Auditorio "Planeta Darwin".
MARTES 30. 17'00h. TEATRO PRINCIPAL
LA CIUDAD INVENTADA
GORAKADA
EUSKADI
TÍTERES
INFANTIL (Maiores de 3 anos)
55 MINUTOS
AFORO PARA 214 ESPECTADORES
Entrada: 4 €
Sinopse
Na cidade inventada cohabitan diferentes contos tradicionais
de lugares e procedencias diversas. Como ocorre coas persoas, relaciónanse
entre si, mestúranse e enriquécense, dando lugar a
unha historia moderna e mestiza
MARTES 30. 19'00h. AUDITORIO MUNICIPAL
PLANETA DARWIN
RAYUELA
CASTELA e LEÓN
TEATRO DE ACTOR e MULTIMEDIA
IDADE RECOMENDADA: A PARTIR DE 8 ANOS
55 MINUTOS
AFORO PARA 500 ESPECTADORES
Entrada:
4 €
Sinopse
Fósiles, tambores, un caderno de debuxo, paxaros desecados,
un barco de vela, volvoretas...
A travesía que Darwin realizou a bordo do Beagle serve de
andamiaxe para construir un espectáculo que cuestiona a nosa
relación coa natureza.
Ás veces un museo de ciencias, ás veces un desván,
un barco, unha selva,...
Acompañamos a Darwin na súa expedición para
contrastar as experiencias que o levaron a formular a teoría
da evolución, cos cambios que se producen no medio natural,
como consecuencia da actividade humana.
MARTES 30. 19'00h. SALA MULTIUSOS DO EDIFICIO DE FERRO.
CAMPUS
PINOKIA
TRÉCOLA TEATRO
GALICIA
TEATRO DE ACTOR
IDADE RECOMENDADA: INFANTIL (Maiores de 3 anos)
55 MINUTOS
AFORO PARA 200 ESPECTADORES
Entrada: 3 € (Recadación para UNICEF)
Sinopse
A nosa Pinokia, logo de se mirar cara dentro, tenta agora saír
cara as estrelas e os universos todos. Inxenua coma unha moneca
e inqueda coma unha nena, a nosa criatura atopará na ousadía
o seu xeito de vida. O país dos xoguetes ou o obradoiro de
Gepeto?
A actuación dos títeres ou o colexio? A árbore
da abundancia ou os consellos da Fada?
Na vida estamos sempre escollendo, e Pinokia xa ten idade para errar
e medrar.
|