| ‘Segredos
e mentiras’, de Mike Leigh, no novo ciclo de cine da Fundación
Caixa Galicia en Ourense
O
martes 16 de marzo, ás 20.00 horas, a sede da Fundación
Caixa Galicia en Ourense (Xoán XXIII, 31-soto) acollerá
a proxección dun novo filme do ciclo ‘Londres no cine’,
unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por
achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.
Se hai uns meses a entidade fixo unha panorámica das películas
máis emblemáticas que se rodaron en Nova York, agora
tócalle a quenda a Londres. As rúas desta cidade serven
todos os anos de decorado para centos de películas e series
de televisión, algunhas das cales axudaron a converter certas
rúas, pontes ou parques en iconas do cine e lugares de interese
para miles de turistas. Nesta ocasión exhibirase na sala
da Fundación Caixa Galicia o filme Segredos e mentiras, de
Mike Leigh.
Segredos e mentiras, 1996
Secrets and Lies
Dirección - Mike Leigh
Fotografía - Dick Pope
Guión - Mike Leigh
Música - Andrew Dickson
Intérpretes:
Brenda Blethyn, Timothy Spall, Phyllis Logan, Marianne Jean-Baptiste,
Lee Ross, Claire Rushbrook, Elizabeth Berrington, Lee Ross, Michele
Austin, Ron Cook, Lesley Manville, Emma Amos, Hannah Davis
Sinopse:
Despois da morte dos seus pais adoptivos, Hortense, ve a necesidade
de encontrar as súas raíces. O choque de familias,
razas e personalidades somérxenos na vida cotiá dunha
familia inglesa de clase baixa. O director intérnanos nun
retrato emotivo e sincero das frustracións de personaxes
tomados da vida cotiá.
Ciclo de cine "Londres no cine"
Centro Cultural Caixa Galicia
Pase: 20.00 horas
Martes 19 de xaneiro. Blow-Up. (Michelangelo Antonioni,
1966)
Martes 2 de febreiro. Match point (Woody Allen, 2005)
Martes 9 de febreiro. Lock and stock (Guy Ritchie, 1998)
Martes 23 de febreiro. Wonderland (Michael Winterbottom,
1999)
Martes 2 de marzo. Alfie (Lewis Gilbert, 1966)
Martes 9 de marzo. Frenzy (Alfred Hitchcock, 1972)
Martes 16 de marzo. Secrets and lies (Mike Leigh, 1996)
Martes 23 de marzo. Closer (Mike Nichols, 2004)
Éxito de público
No pasado ano 2009 a Fundación Caixa Galicia organizou 390
proxeccións cinematográficas polas que pasaron 59.483
persoas, un rexistro que certifica o rotundo éxito da iniciativa.
“Conseguimos completar os aforos dos nosos auditorios semana
tras semana”, sinala Teresa Porto, directora da Fundación
Caixa Galicia, “non hai mellor proba do éxito dun programa
no que fomos pioneiros, a nivel estatal”, remata.
|