Ir á Portada imprimir volta atrás

Loito no cinema

Onte nos enterabamos que morrera o prestixioso director sueco Ingmar Bergman, autor de pelíulas tan singulares e inimitábeis como O sétimo selo, O manantial da doncela, Persoa, Fresas salvaxes, ou a derradeira Saraband. É un autor moi coñecido sobre todo polas xeracións dos anos sesenta e setenta que adoitaban a visionar películas experimentais dentro do movemento cineclubista da época. A súa obra destaca por posuír un ton existencialista, cheo de barroquismo, con moitas inquedanzas relixiosas, pero cun patente agnosticismo, que o converterá nunha obra propiamente metafísica, onde reflicte unha triste visión do ser humán.

Hoxe parece que o loito continúa tamén co pasamento de Michelangelo Antonioni outro dos renovadores do cinema moderno, que se fixo famoso coa triloxía A aventura, A noite e O eclipse , ademáis de outras como a libre adaptación do conto de Jorge Luís Borges “As babas do diaño”, titulada Blow Up. Antonioni converteuse nun esperto utilizador da cor no cinema coa que expresaba os estados anímicos, sendo tamén destacábel a súa utilización dos silenzos, sons naturais e dos tempos mortos onde destacan longuísimas secuencias. O seu cinema fala da “deshumanización da vida, da incapacidade de amar” e tamén da “anguria dunha sociedade abocada ao desequilibrio e a agresión do mundo industrializado”.

Descansen en paz mestres e grazas pola súa obra que nos acompañará para sempre.

Valentín Barreiros