Ir á Portada imprimir volta atrás

DESPIERTA

Despierta é a primeira curtametraxe escrita e realizada por Daniel Cid Sánchez, onde nos conta o arrepiante suceso que lle ocorre a unha xoven parexa que vai pasar unha fin de semana a unha casa rural.

Intriga, tensión e angustia, son as sensacións satisfactoriamente conseguidas nesta curtametraxe visualmente moi ben contada, cunha coidada montaxe e un ritmo axustado, que fai que o espectador manteña o interese durante todo momento.

Para acadar este satisfactorio resultado compre salientar a interpretación de Iago López, sobre todo no último tercio da película, así como a sempre destacada presenza de Estrella Casares no seu papel de caseira.

Mención aparte merece a música orixinal, expresamente composta para a curta por Julio Montero que complementa perfectamente ás imaxes para lograr unha atmósfera de misterio e suspense.

Por último salientar o gran traballo de todo o equipo técnico, encabezado por Daniel Cid que ademáis da direción e do guión, ocupouse da montaxe e a produción, así como o labor de Victor M. Blanco no son, e Manuel E. López na fotografía.

Valentín Barreiros