|
Homenaxeados
O
Festival Internacional de Cine Independente de Ourense chega este
ano ao seu décimo aniversario facendo unha merecida homenaxe,
no seu apartado de Memoria histórica, a un dos máis
grandes realizadores do cinema español, o valencián,
Luís García Berlanga.
A filmografía de este director está repleta de grandes
películas, onde sobresaen títulos tan míticos
como El verdugo, Bienvenido Mr. Marshall, Plácido, Calabuch,
Tamaño natural, La escopeta nacional ou La Vaquilla. En estas
obras podemos ver reflectidas as constantes habituais do seu cinema;
o patetismo, a tenrura, o humor negro, a opresión, a cotidianeidade,
a traxicomedia, ademáis dunha perfeta descrición dos
tipos e costumes sociais da época, aos que se achega con
cariño pero sen ningún tipo de edulcoramento. O apartado
de Memoria Histórica ten recoñecido durante estos
dez anos a directores, actores e escritores como; Antonio Román,
Manuel Mur Oti, Juan Antonio Bardem, José Antonio Nieves
Conde, Antonio Casal, María Casares, Wenceslao Fernández
Flórez, Gonzalo Torrente Ballester e Camilo José Cela.
Outra merecida homenaxe vai ser para o actor Imanol Arias, moi coñecido
entre o gran público polas series Anillos de oro, Brigada
central ou Cuentame cómo pasó, e protagonista de películas
como; La muerte de Mikel, El Lute, camina o revienta, Tiempo de
silencio ou La flor de mi secreto. Arias recibirá o Premio
Cidade de Ourense, que en anos anteriores xa recolleron personalidades
da talla de Montxo Armendáriz e José Sacristán.
Por último, no apartado de Cine e emigración lembraranse
as figuras dos galegos afincados en Mexico Demetrio e Ángel
Bilbatúa, o que, para moitos, máis que unha lembranza
é un auténtico descobremento ao igual que o foron
nas pasadas edicións o director Juan Orol e o actor Fernándo
Iglesias "Tacholas".
Valentín
Barreiros
|