Ir á Portada imprimir volta atrás

José García

"É moi importante. Late moito o corazón aínda que veño cada ano, pero a enerxía desta xente me permite, despois da ida e volta de hai 50 anos dos meus pais, sentirme orgulloso por eles. Grazas, O Carballiño", con estas verbas en galego agradecía o actor francés José García a homenaxe ofrecida no Carballiño o pasado mes de setembro, onde recibiu a Medalla de Ouro do concello e foi recoñecido como "o mellor enbaixador internacional do Carballiño no eido da cultura".

José García, fillo duns emigrantes carballiñeses en París, está considerado como un dos actores franceses máis cotizados e de máis éxito na atualidade. Durante o setembro pasado ademáis do recoñecemento adicado no Carballiño, "Unifrance (organismo que promociona o cinema francés), a Embaixada francesa e a distribuidora Nirvana organizaron unhas xornadas no cine de Bellas Artes de Madrid (Coñecendo a José García) donde se pudieron ver as súas máis famosas películas".

José García comezou os seus estudos de interpretación na escola actoral Florent, e logo na Comedia do Arte e a escola de circo Annie Fretellini, fixo teatro polos pobos e traballou como animador nun programa do Canal Plus francés. No cine interpretou os seus primeiros papeis en películas como Rotulad et Juliette e Beaumarchais o insolente, acadando grande sona con A verdade si eu minto, pola que foi nominado a un Cesar revelación.
Nas nosas carteleiras acadou certa sona co seu papel na película El séptimo día de Carlos Saura e sobre todo coa súa magnífica interpretación en Arcadia, a última gran película do veterán director Costa-Gavras.

Valentín Barreiros