|
Festival
On&Off
Voando,
unha curtametraxe realizada por rapaces de Allariz, con unha idade
media de 16 anos, acadou o premio, Misto de Pau, ao mellor traballo
dos obradoiros impartidos por Mr.Misto, na primeira edición
do Festival On&Off de Ribadeo.
En canto a sección oficial os galardóns recaeron en
El abismo de Mario Iglesias, que levou o Misto de Prata, e La buena
caligrafía de Alex Sampaio, distinguida co Misto de Ouro
á mellor curtametraxe.
O Festival tivo a Ribadeo como marco para a súa primeira
edición, pero a idea dos organizadores é que se convirta
nun certame itinerante, que se desenvolva cada ano nun lugar diferente
dentro da nosa xeografía.
On&Off convértese nun novo foro onde os xóvenes
afeccioados ao audiovisual terán un punto de referencia para
participar e debater os problemas e inquedanzas nos coloquios e
charlas organizados, ademáis de disfrutar de proxeccións,
funcións teatrais, e diversos espectáculos de música
e audiovisual.
Esta primeira edición contou con unha grande participación,
onde os asistentes puideron conversar persoalmente con xente como
Manolo González, Pepe Coira, Manolo Gómez, Ángel
de la Cruz, Jorge Coira, Nieve de Medina, Carlos Iglesias, Serxio
Pazos, etc., prantexándolles multitude de dúbidas
e inquedanzas, e recibindo dos ponentes suxerencias e consellos
para adentrarse no mundo do audiovisual.
Valentín
Barreiros
|