|
OS
BARBAJELATTA
Os
Barbajelatta son una saga de empresarios ambulantes italianos que
percorreron a xeografía galega entre a segunda metade do
século XIX e principios do XX. Viaxaban por as distintas
festas e feiras co seu especial show bussiness con, como indican
os anuncios dos xornáis da época, "sorprendentes
objetos de cristal y vidrio hilado por los Sres. Barbajelatta e
Hijos (...) un magnífico león del tamaño natural,
construido todo él de vidrio y cristal hilado (...) Los señores
Barbajelatta dan lecciones de su arte y pasarán a los colegios
y casas donde fueran llamados. También venden aparatos".
Na sua barraca levaban múltitude de espectáculos ópticos
e figuras mecánicas, a máis de pavillóns de
feras, con unha parexa de leóns e hienas entre outros animáis
exóticos. A partir da segunda década do século
XX Eduardo Barbajelatta reconverteu o negocio familiar, en 1912
presentou un cinematógrafo na cidade de Ourense e no 1919
alugou o Teatro Principal para utilizalo como sala de cinema. Ainda
que onde se asenta definitivamente, abrindo locais estabeis, é
na vila lucense de Monforte na que se fixo co control da exhibición
cinematográfica, continuada por o seu fillo Eduardo Beltrán,
ata mediados do século pasado.
Pero si por algo e coñecido o apelido Barbajelatta é
por a magnífica novela Ilustrísima do escritor ourensan
Carlos Casares, que é unha sentida homenaxe ao cinematógrafo
e aos seus pioneiros, onde se fai "un canto a bondade e á
humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e a violencia".
Valentín
Barreiros
|