Ir á Portada imprimir volta atrás

OURENSE DE CINE

Últimamente Ourense está vivir un importante movemento ao redor do Séptimo Arte. Con bastante frecuencia a cidade e as vilas da provincia son utilizadas como emprazamentos de rodaxe, xa non só para directores consagrados que atopan na nosa terra as localizacións ideais das súas ficcións, senón tamén para xóvenes afeccioados que tentan facer os seus primeiros traballos audiovisuais.

Non é de extrañar que agromen novos talentos con gañas e interese polo Séptimo Arte no lugar que viu nacer a xente da talla de Antonio Román, Carlos Velo, José Suárez, Eloy Lozano, Miguel Castelo, Xavier Bermúdez, Ismael González, Miguel Anxo Fernández, Luis Álvarez Pousa ou Manolo González, por citar algúns dos nomes máis salientabeis, e de ser onde se iniciou o (re)nacemento do chamado cinema galego nas xa míticas Xornadas do Cine de Ourense, ademáis de acoller a un Cineclube histórico como é o Padre Feijoo, e as aínda vixentes Xornadas de Cine e Video do Carballiño ou o máis recente Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense.

Non sabemos se desta nova fornada van a sair grandes talentos cinematográficos que continúen a laboura dos citados anteriormente, pero o que sí é unha moi boa nova é saber que existe unha canteira na provincia que está interesada e continúa a traballar na creación, espallamento, desenrrolo e estudo do cinema galego.

Valentín Barreiros