|
PLATÓ
OURENSÁN
Como
ben indica o historiador rivadaviense Emilio Carlos García
Fernández no libro A historia do cine en Galicia, "Galicia
foi un dos platós máis utilizados polo cine español
e algunha que outra coproducción internacional, e non só
porque os argumentos das películas tiveran unha orixe temática
moi determinada, senón tamén porque estes exteriores
ofrecían un marco atractivo para certas historias".
Este ano apareceu unha publicación titulada Rodado en Galicia,
promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Galicia Film
Comissión e baixo a dirección do carballiñés
Miguel Anxo Fernández, que recolle longametraxes de ficción
que tiveron rodado algún plano ou secuencia na nosa terra.
En canto a Ourense, esta provincia servíu de esceario para
diversas produccións audiovisuais, das que se destacan as
seguintes longametrxes; Carmiña, Flor de Galicia (Rino Lupo,1926);
La virgen del cristal (Manuel e Saturio Lois Piñeiro, José
Buchs,1926); La casa de la lluvia (Antonio Román, 1943);
El bosque del lobo (Pedro Olea,1970); Sempre Xonxa (Chano Piñeiro,1989);
Fresas amargas (Carlos Pérez,1990); La leyenda de la doncella
(Juan Pinzas, 1995); La ley de la frontera (Adolfo Aristarain,1995);
A los que aman (Isabel Coixet, 1998); Cuando vuelvas a mi lado (Gracia
Querejeta,1999); La lengua de las mariposas (José Luis Cuerda,1999);
e Sei quen es (Patricia Ferreira, 2000).
Estas películas mostraron a través das pantallas de
todo o mundo parte da paisaxe e o patrimonio artístico e
cultural que atesoura a nosa provincia.
Valentín
Barreiros
|