|
Primeiras
exhibicións cinematográficas
O
cinema aparece a finais do século XIX como un número
máis dos espectáculos que se ofrecían nos barracóns
con motivo das festas patronais e outras celebracións. O
seu lugar de exhibición comenzou sendo en construccións
ambulantes feitas con madeira e cubertas de lona que ocupaban as
zonas céntricas das vilas e cidades, aparecendo en pouco
tempo pavillóns permanentes onde se combinaba a exhibición
cinematográfica con outras actividades como o teatro e a
música.
Na cidade de Ourense xa atopamos a instalación de un pavillón
ambulante no ano 1906 por parte de Matías Sánchez
e León González durante as festas do Corpus e ao ano
seguinte o señor Pinacho inaugura o Palacio de la Ilusión,
que chega á capital ourensana "onde adquiriu gran nome
por as súas exhibicións". En maio de 1914 ocorreu
un grave incendio na cidade, xa que o salón Variedades ardeu
totalmente "despois de inflamarse unha película na súa
cabina", malia a pérdida total do recinto, que estaba
ocupado por unha grande cantidade de espectadores non houbo que
lamentar ningún ferido, ainda que a magnitude do incendio
e o barullo fixeron que a xente avandonara o Cine Barbagelata que
se atopaba en un lugar cercano. En 1916 Isaac Fraga inaugura o Salón
Apolo no terreo que ocupaba o desaparecido Variedades.
Por suposto, suliñar o caso especial de Eduardo Barbajelata,
pertencente a unha saga inmortalizada por o ourensán Carlos
Casares na novela Ilustrísima, que en 1912 presentou un cinematógrafo
na cidade de Ourense e no 1919 alugou o Teatro Principal para facer
as exhibicións cinematográficas en mellores condicións.
Valentín
Barreiros
|