|
TACHOLAS
Galicia
é unha terra acostumada a ver como cada ano centos de homes
e mulleres se ven obrigados a deixar os seus fogares de nacemento
para embarcarse na aventura da emigración. O cinema como
o resto das facetas da vida tamén conta con un número
importante de profesionais emigrados, por eso é esencial
a "localización e recuperación dos distintos
tipos de fontes relacionadas coa emigración existentes en
Galicia e nos países receptores da nosa emigración,
sumamente importantes para entender o que somos actualmente".
O Festival Internacional de Cine Independente de Ourense leva varios
anos programando dentro das Seccións Paralelas o ciclo de
Cine e Emigración, onde se recoñece e homenaxea o
labor cinematrográfico desenvolvido por galegos na diáspora.
Un de eses galegos emigrados é o actor ourensán Fernándo
Iglesias "Tacholas" (Ourense,1909- Bos Aires, 1995). Nos
primeiros anos da súa vida, denantes de ir para Arxentina,
"Tacholas" xa mostraba grande interese por o mundo da
interpretación e da música popular, formando parte
como integrante do Coro de Ruada e do Orfeón Unión
Provincial Ourensá, ademáis de traballar no laboratorio
do estudio fotográfico Pacheco, onde estableceu unha grande
amizade co autor teatral Prado Lameiro. En 1929 chega a Bos Aires
onde se fixo moi popular entre a colonia galega coa súa participación
en diversos grupos tetarais e programas radiofónicos. "Tacholas"
participou en máis de cincuenta películas cos mellores
directores da época na Arxentina, onde destacan El crack,
El dependiente, La Patagonia rebelde, Crónica de una señora
ou No habrá más penas ni olvido.
Por último, suliñar que "Tacholas" sempre
tivo moi presente as suas orixes e estivo continuamente en contaco
coa nosa cultura, mantendo unha grande relación con personaxes
da talla de Castelao ou Blanco Amor, mostrando "unha postura
cívica e comprometida coa realidade social e cultural da
emigración galega, integrándose ó tempo na
cultura e sociedade do seus país de adopción".
Valentín
Barreiros
|