|
Xavier Bermudez
Os
últimos premios Mestre Mateo 2005, que estiveron adicados
a "historia da comunicación audiovisual", converteron
a película León e Olvido, do director ourensán
Xavier Bermudez, na mellor longametraxe do ano no audiovisual galego,
ademáis de premiar á sua protagonista Marta Larralde
como mellor intérprete feminina. Xa anteriormente o mesmo
filme se fixera cos galardóns ao Mellor Director e á
Mellor Actriz na novena edición do Festival Internacional
de Cine Independente de Ourense, así como o Premio Especial
do Xurado do Festival de Cine de Málaga e o Globo de Cristal
ao Mellor Director e a Mellor Actriz no Festival de Karlovy Vary.
A historia de León, un rapaz con síndrome de Down,
que pretende acaparar a atención da súa irmá
Olvido coa que convive desde que quedaron orfos, deparou un grande
recoñecemento ao seu director e guionista Xavier Bermudez,
que despois das dificultades habituais en este tipo de traballos
conseguiu sacar o proxecto para adiante con un resultado do máis
satisfactorio.
Na súa longa experiencia no medio audiovisual, Bermudez traballou
facendo guións para diversos programas de Radio 3 como; Sólo
sé que noche nada, Perfil de ruedo, Caravana de Hormigas
e Pensamiento 3, ademáis de facer diversas colaboracións
en prensa e televisión. No terreo cinematográfico
é un realizador que posue unha grande formación cinéfila
o que o levou a publicar no ano 2000 o libro; Buñuel: espejo
y sueño. Tamén foi coguionista das películas;
Retrato de mujer con hombre al fondo e Los pasos perdidos, ambas
da directora Manane Rodríguez, e creou a súa propia
productora, radicada en A Coruña, Xamalú Films.
Con respeto ao seu cine, Bermudez posue unha grande vocación
autoral, con preferencia por historias pequenas e intimistas, como
o demostran os seus traballos desde as primeiras curtametraxes La
hija del anarquista ou Canción de cuna e o documental Peregrinos,
ata as duas longametraxes anteriores Luz negra e Nena, onde sempre
asume os labores de guión, dirección e producción.
Valentín
Barreiros
|