|
XOCIVIGA
2005
Na
presente edición as Xornadas de Cine e Vídeo do Carballiño
cumpren xa a súa vixésimo terceira edición.
Desde a súa aparición, proposta polo Director Xeral
de Cultura da Xunta de Galicia Luís Alvarez Pousa, por medio
do Coordinador da Área Audiovisual da Dirección Xeral
Manuel González Álvarez, aos membros do Cineclube
Carballiño, naceu coa idea de recuperar un lugar de encontro
e posta en común para o movemento audiovisual galego unha
vez desaparecidas as Semáns de Cine de Ourense no ano 1978.
A celebración destas Xornadas lévase facendo dunha
forma ininterrompida a longo dos anos, nos que contou coa presenza
tanto da maior parte das persoas vinculadas ao mundo audiovisual
e cultural galego, coma do resto do Estado, mantendo de igual xeito
unha especial relación co noso país veciño
Portugal.
Na edición actual, para celebrar tan dilatada traxectoria
a organización elaborou un interesante programa, onde en
verbas da Concelleira de Educación e Cultura Inmaculada Ucha
Rodríguez "un ano máis o Carballiño volta
a ser o lugar de encontro dos afeccionados ao cine. As Xociviga
prenden as cámaras de proxección para facer disfrutarnos
coas súas historias e para reunir ás xentes do cine
e o vídeo de Galicia e Portugal".
Dentro do programa deseñado destaca sobre todo a presenza
do ilustre realizador portugués Manoel de Oliveira, considerado
como un dos mestres intiscutibeis e dos cineastas máis lonxevos
da cinematografía europea e mundial.
Valentín
Barreiros
|