|
As Xornadas
de Formación e Audiovisual
Un
ano máis, e xa vai polo terceiro, o Festival de Cinema de
Ourense conta no seu programa de actividades coa celebración
das III Xornadas de Formación e Audiovisual, que tratan de
ser un punto de encontro para os futuros profesionais do medio audiovisual
galego.
A estructura destas Xornadas ven consistindo na realización
dunha serie de ponencias, mesas redondas, experiencias, visionado
de películas, etc. Máis este ano o programa, espléndidamente
deseñado pola súa coordinadora Antía Castro,
presenta un par de novedosas e atractivas incorporacións,
como son, os Obradoiros de Dirección Artística, Iluminación,
Storyboard e Efectos Especiais e Son en Directo, e a I Mostra de
Traballos Audiovisuais das Escolas de Imaxe e Son de Galicia, onde
se preténde emitir unha escolma dos traballos realizados
polas escolas de Cinema e Imaxe e Son de Galicia ao longo do último
ano, completando aínda máis se cabe a oferta formativa.
O inicio destas Xornadas produciuse co gallo da Sétima edición
do Festival de Cinema, sendo o seu creador e gran impulsor o investigador
e historiador cinematográfico Manuel González, cuxo
esforzo e adicación á formación dos estudantes
do audiovisual galegos e realmente impagabel.
Nesta primeira edición presentábanse coa pretensión
de "converterse nun foro de debate dos problemas e inquedanzas
dos estudantes de imaxe e son de Galicia" onde se convidaban
a "institucións, asociacións empresariais e outras
iniciativas formativas que contribúan á información
e orientación dos grupos creadores e traballadores do Audiovisual",
reunindo en Ourense "en total perto de cen futuros cineastas"
de toda Galicia ao longo dunha semana.
Despois de tres anos pódese afirmar que estas Xornadas son
xa un punto importante dentro da axenda dos estudantes de audiovisual
galegos, cunha valoración máis que notable pola súa
parte, o que as converte nunha das actividades máis interesantes
do Festival, xunto con Título Provisional e as tristemente
extintas Xornadas de TV-Movies, xa que inciden en actividades xeneradoras
dunha base profesional, promovendo a cultura cinematográfica
e acadando que Ourense sexa o centro de reunión do sector
audiovisual galego durante toda unha semana.
Valentín
Barreiros
|