A Tola e O Herdeiro
Transcurría o ano 1975 e a sociedade galega vívia
tempos de cambio. Corrían novos aires cargados de liberdade,
ilusión e espranza. O infame réxime franquista
daba os seus derradeiros coletazos antes de se extinguir para
sempre.
Xusto nesta época, e dentro do marco das III Xornadas
de Cine de Ourense, vai a ocurrir, como indica o historiador
Manuel González, o primeiro secuestro do cine galego,
que convertirá a película secuestrada "nun
dos filmes malditos, e por conseguinte míticos, da nosa
filmografía".
A curtametraxe A tola, realizada por Miguel Gato, foi
requisada polo Tribunal de Orden Público, "perdéndose
nos arquivos da Dirección General de Seguridad en Madrid".
Xosé Paz, un dos organizadores das Xornadas, recorda
que o filme se proxectaba no teatro dos Salesianos e o Gobernador
de Ourense, que estaba presente, no medio da película,
erguéuse anoxado dicindo: "agora xa sei o que é
o cine galego". Ademáis, según Paz, o presidente
da Agrupación Cultural Auriense estaba convencido de
que os que paseaban a xente levaban as camisas de cor azul,
ainda que a película estaba realizada en blanco e negro.
A historia do filme, baseado nun conto de Francisco Taxes, coguionista
da curtametraxe, "é un reflexo metafórico
da opresión política" na Galicia da época,
onde "unha muller (galega) vive nunha terra invadida por
unhas xentes extranas (vestidas con uniformes paramilitares)
que fusilaron a todos os homes, e despois de multitude de golpes
a internan nun manicomio, onde é paulatinamente mutilada
por non querer renunciar as súas ideas e ao seu pasado.
Ao final so lle queda a mirada e tamén lle arrincan os
ollos. Máis "A tola" estaba preñada
e un berro de nova vida retumba no manicomio". Os que puideron
ver esta película antes da súa desaparición
reseñan que "o tratamento está moi coidado
e algúns aspectos técnicos están ben acadados".
A súa seguinte película O herdeiro, como
analiza Emilio Carlos García Fernández, é
unha interesante análise das forzas vivas dunha aldea,
partindo do pasamento dun vello terrateniente e a posterior
viaxe do seu neto ao que todos ven coma o seu sucesor. "É
o reflexo da perplexidade ante un mundo cambiante".
Trátase dun filme fallido e confuso cunha bonita idea
non desenrrolada e cun guión equivocado que daba para
unha longametraxe, según palabras do autor.
O filme, que abre e pecha coa viaxe de ida e volta do herdeiro
a aldea para asistir ao enterro do seu avó, posúe
unha estructura circular. Destacando unha interesante, ainda
que a veces confusa, utilización de saltos temporais
(flashback e flash-forward), mostrando accións ocurridas
tanto antes como despois da viaxe do herdeiro mesturadas con
planos do coche pola estrada. Compre salientar unha realización
cun permanente uso de planos planos xerais de longa duración.
No que respeta ao guión, e destacabel que non se trata
da adaptación dunha obra literaria, como era costume
nos filmes galegos da épocoa, senón que conta
unha historia orixinal, onde se fai unha interesante "reflexión
sobre o fin da cultura campesina e o comenzo da cultura cidadán
e a perplexidade ante un mundo cambiante".
Por último, destacar que esta curtametraxe foi galardoada
co Premio do Intituto da Cultura Hispánica no IV Festival
Internacional de Films Cortos Ciudad de Huesca de 1976.
Valentín Barreiros