Ir á Portada imprimir volta atrás

Cinema galego; distintas concepcións

"La Casa de la Troya",  película galega dos anos vinte.Malia a súa curta existencia As Xornadas do Cine en Ourense gozaron dunha gran popularidade, converténdose, como indica o historiador cinematrográfico Xosé Nogueira, no «espazo no que van confluir ata 1978 todas as propostas fílmicas e debates teóricos que pretenderon articular un cine galego e definir os seus modelos».
Ao longo da historia de estas Xornadas vanse evidenciar dúas concepcións moi distintas sobre o audiovisual galego.
A postura minoritaria era partidaria dun cinema militante concevindo o cine como «un instrumento de loita ideolóxica o servicio das clases traballadoras (...) que recolle as características e aspiracións diferenciadas de cada un dos pobos do estado español», defendendo un cinema de reivindicacións políticas e sociais feito en pequenos formatos. Por outra banda, a posición maioritaria propuña unha liberdade de expresión, a utilización de formatos comerciais e a entrada na televisión. Como indica o historiador Ángel Luís Hueso «é indudable que arredor de 1975 – 1977 van entrar en loita dúas formulacións antagónicas: aquela que defende a profesionalización e a inclinación cara a un cine enmarcado nos circuitos comerciais como único camiño de normalización da imaxe, e outro que formula o recurso a un cine alternativo ao servicio das clases populares e da axitación política, marxinándose da vertente industrial-comercial».
Cecais, como indica Xosé Nogueira, a insistencia nas teimas de sempre, relegando a un plano secundario as cuestións pendentes e importantes de cara á estructuración dunha industria cinematográfica normalizada e viáblel nos mercados, orientación vocacionalmente minoritaria, condenou as Xornadas de Ourense a rematar nun punto morto no que habían desaparecer.
Coa legalización dos partidos políticos e posterior aprobación por amplo consenso da Constitución de 1978, que no Título VIII regula o Estado das Autonomías, ábrese unha nova etapa onde, como indica Nogueira, «o cinema galego, se quería chegar a selo, tiña que partir de novos conceptos, atopar novas plataformas de lanzamento e desenvolver as súas propias estructuras».

Valentín Barreiros