Eligio
González e outros pioneiros
O
audiovisual galego posúe unha particular tradición
ao longo da primeira parte do século XX, o chamado cimema
da emigración, onde “emigrantes e galegos cruzáronse
curiosas cartas cinematográficas dunha á outra
banda do mar”. Dentro do cimema da emigración é
de xustiza destacar os nomes de un grupo de pioneiros que acadaron
“unha das poucas contribucións singulares de Galicia
á cultura cinematográfica mundial”, e que
está sendo especialmente estudada por o investigador
Manuel González.
Un de esos importantes pioneiros é o ourensán
Eligio González que se converteu no “fotógrafo
da colectividade Galega” no Buenos Aires do século
pasado. Gonzalez, que naceu en Entrimo no ano 1899, con vintedous
anos foi a San Sebastián para marchar posteriormente
a Lisboa, lugar donde descubre a súa afición por
a fotografía. En 1929 parte cara Buenos Aires donde alterna
o seu traballo como porteiro coa fotografía e a filmación
de reportaxes en cine, fundando a continuación Celta
Films productora coa que realizará numerosas películas
de actos, celebracións e distintos acontecementos do
exilio galego na Arxentina, acadando así un dos arquivos
gráficos máis importantes da nosa cinematografía.
Eligio non era un cineasta con pretensións artísticas,
o que máis lle importaba era retratar as actualidades
da galeguidade de Buenos Aires con figuras tan importantes como
Suárez Picallo, Castelao ou Blanco Amor. De entre a súa
obra destacan películas como Galicia en Buenos Aires,
utilizada na campaña por o Estatuto de Autonomía
en 1936 e Imaxes de Castelao en Buenos Aires, restaurada a mediados
da pasada década.
Tamén entre esos pioneiros se atopa o ribadaviense Armando
Hermida Luaces que no 1929 emigrou a Buenos Aires, onde ademáis
de desenvolver unha importante actividade empresarial co seu
negocio de fabricación de Cacao tamén crea Hermi
Films aproveitanado as suas viaxes para filmar “os cambios
positivos que estaba tendo Galicia” dentro de esas películas
destacan Galicia al día, De Irún a Tuy e Miña
Alma galega. Tamén é salientabel a figura do dramaturgo
ourensán Antonio Rei Soto que xunto con Antonio Méndez
Laserna e Carlos Reguenga Borrajo crea a productora viguesa
Celta Film coa que pretenden facer películas donde se
de a coñecer a paisaxe, as costumes e o arte de Galicia,
unha das obras máis coñecidas de esta productora
foi o documentario Un viaje por Asturias y Galicia.
Valentín Barreiros