Bodegas Docampo convoca o 3º Concurso Gastronómico “Cociñar con Viño”
>> A final terá lugar durante a décima edición de Xantar, Salón Galego de gastronomía e Turismo, que se celebrará do 4 ó 8 de febreiro de 2009

Bodegas Docampo convoca o 3º Concurso Gastronómico “Cociñar con Viño” e que se presenta en dúas modalidades: para afeccionados e para futuros profesionais da cociña. As finais de cada categoría terán lugar durante a décima edición de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de febreiro de 2009. O principal obxectivo deste concurso é o de fomentar o uso do viño non só como acompañante a un bo xantar, senón como un ingrediente máis.

Ata o 12 de xaneiro de 2009, poden presentarse a este concurso, por un lado, todos aqueles residentes en Galicia que teñan a cociña como afección e, polo outro, aqueles estudantes das escolas e centros de formación de cociña e hostalería de Galicia.

Cada concursante presentará ata un máximo de 3 recetas orixinais, onde "VIÑA do CAMPO" (branco ou tinto), sexa un dos elementos utilizados. Valorarase que sexa unha receita de baixo custe e de fácil preparación.

As receitas enviaranse en formato papel, mecanografado ou con letras maiúsculas dentro dun sobre pechado e con seudónimo (indicando a modalidade), en dito sobre achegaranse as receitas completas, incluíndo listaxe de ingredientes, as cantidades e utensilios utilizados, así como a súa preparación e o tempo estimado para elaborala. Noutro sobre achegaranse os datos personais do participante: nome completo, enderezo, teléfono de contacto, e-mail, actividade á que se adica e idade.Todo isto debe de ir dentro doutro sobre sirixido a:
3º Concurso Gastronómico "COCIÑAR CON VIÑO"
Bodegas Docampo
Sampaio
32414 Ribadavia – Ourense

Outras das bases para participar neste concurso contemplan:

- A utillaxe de cociña (coitelos, batidoras, etc...) serán achegados polos participantes.
- Unha comisión de expertos seleccionará as receitas finalistas. Os Concursantes seleccionados terán que executar na fase final a elaboración do prato, cuxo proceso será seguido por dito xurado. As finais levaranse a cabo no recinto feiral de Expourense dentro do marco de "Xantar, Salón de Gastronomía e Turismo" e nunca cociña complemtamente equipada por Rosareiro. A de futuros profesionais desputarase o 4 de febreiro de 2009 e de aleccionados ó día seguinte, o xoves 5.

Sobre un total de 60 puntos, a puntuación será do seguinte xeito:

30 Puntos por Degustación.
10 Puntos por Orixinalidade.
10 Puntos por Presentación.
10 Puntos por Razonamiento.

Coas mellores receitas, sempre a xuízo do xurado, publicarase un Libro de Cociña baixo o título "Cociñar con Viño". Os participantes da fase final poderán percibir ata un máximo de 50 euros para os gastos na compra dos ingredientes para a receita, resultando obligatorio a elaboración de salsas e outros acompañamentos culinarios durante a confección do prato.