O
Concello de Ourense organiza o “Curso de procesador de catering
para persoas dependentes”, dentro do proxecto Auria Inserta
- O prazo de inscripción estará aberto entre o 5 e o
15 de xaneiro e as prazas están limitadas a 20 alumnos.
A partir do vindeiro mes de xaneiro, dará comezo a impartición
do “Curso de procesador de catering para persoas dependentes”,
que a Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción
Económica do Concello de Ourense pon en marcha dentro do proxecto
Auria Inserta. O prazo de inscripción para o curso estará
aberto entre o 5 e o 15 de xaneiro, ambos inclusive, e as prazas están
limitadas a 20 persoas.
O obxectivo do curso é capacitar ó alumnado na elaboración
de pratos culinarios segundo as necesidades e características
das persoas dependentes, tendo en conta os procedementos e normas
para acadar obxectivos de rentabilidade e calidade.
O curso terá un total de 595 horas, 295 de teoría e
300 horas de prácticas en empresas. Os alumnos que realicen
este curso recibirán o Carné de “Manipulador de
alimentos” e o título de nivel básico en “Prevención
de riscos laborais”.
O proxecto Auria Inserta está cofinanciado polo Fondo Social
Europeo e ten un orzamento total de 1.785.754 euros, dos que o Concello
aporta 375.151 euros. A iniciativa articula un sistema de integración
sociolaboral para favorecer o acceso a un posto de traballo a parados
de longa duración, víctimas de violencia de xénero,
inmigrantes e emigrantes retornados, así como a todos aqueles
colectivos que, por cuestión social, cultural ou de xénero
presenten dificultades de acceso ó mercado laboral.
O curso que dará comezo en xaneiro únese ós cursos
que xa están en marcha dende o mes de outubro, o “curso
de asistencia sociosanitaria a dependentes en domicilio” e o
“curso de asistencia sociosanitaria a persoas en institucións
sociais”.
A
Concellería de Educación abre prazo de matrícula
nos cursos de inglés para nenos e adultos da Escola Municipal
de Idiomas
A Concellería de Educación do Concello de Ourense ten
aberto o prazo de matrícula nos cursos de inglés para
nenos e adultos da Escola Municipal de Idiomas, nos niveis elemental
e avanzado. Tódolos interesados poden
matricularse ata o día 30 de decembro nas dependencias da Concellería
de Educación, na rúa Ervedelo, número 2, 1º,
ou recibir máis información no teléfono 988 510802.
As prazas dispoñibles adxudicaranse por orde de presentación
de solicitudes. |
|