A Concellería de Sanidade e a Universidade de Vigo convocan un concurso de fotografías sobre o lema “O alcol pensa por ti. Liberdade para pensar”, dotado cun premio de 2.000 euros
- Os interesados poden presentar os seus traballos na Concellería de Sanidade.

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense e a Universidade de Vigo, campus de Ourense, convocan o concurso de fotografía “FotoPrevenciónAlcol”, dirixido á comunidade universitaria ourensá. Esta iniciativa, incluida na campaña “O alcol pensa por ti” ten como obxectivo vincular ós universitarios coa problemática do consumo de risco de bebidas alcólicas. “FotoPrevenciónAlcol” pretende ser un espacio activo en movemento con liberdade para pensar, para compartir ou contrastar miradas que permitan reflexionar, reinterpretar ou redescribir os consumos de alcol. O certame conta cun primeiro premio por importe de 2.000 euros e dous accésits de 1.000 euros cada una.

Poderán participar tódolos membros da comunidade universitaria ourensá: estudiantes matriculados, profesorado e persoal da administración e servicios. O tema das fotos será “O alcol pensa por ti. Liberdade para pensar”. Os interesados deberán presentar un CD coa fotografía en formato dixital jpg, cunha calidade de 300 d.p.i. (puntos por pulgada), a un tamaño de 29,7 x 42 centímetros. Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas fotografías orixinais, cada unha acompañada dun sobre pechado que levará no exterior o pseudónimo do autor e no interior os seus datos personais.

As obras pódense entregar dende esta semana ata o día 1 de marzo de 2009 na Concellería de Sanidade do Concello de Ouense, na rúa da Concordia, número 20, entrechán, dereita.

As fotografías presentadas polos concursantes estarán visibles na web do concurso www.fotoprevencionalcol.com, e os internautas poderán votalas dende o día 1 de marzo ata o 15 de marzo. De entre as que obteñan unha maior puntuación a través da web e das seleccionadas por un xurado proposto pola organización sairá a obra gañadora do premio principal, así como os dous accésits. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Ir á Portada volta atrás imprimir