A Universidade Popular acada os 1.232 preinscritos nos 50 cursos ofertados no curso 2008-2009
Ó longo do mes de novembro deron comezo un total de 16 cursos, con 440 inscritos
.

Rematado o prazo de preinscripción o pasado 31 de outubro, a Universidade Popular bate records de participación nos seus cursos. Logo de que o pasado ano se acadara o maior número de alumnos con 765 matriculados, este ano coa ampliación de cursos ofertados a 50, 1.232 alumnos formalizaron a preinscripción. As actividades formativas están destinadas a todos os cidadáns adultos de Ourense (a partir de 16 anos).

Unha das novidades deste ano é que se duplica a oferta nos cursos que o ano pasado tiveron maior demanda (Internet, Exercitación da memoria, Método Pilates, Manexo e control do estrés e ansiedade e Pintura), establecendo dous turnos –mañá e tarde-. O obxectivo é chegar a máis cidadáns, e cubrindo as actividades máis demandadas e ampliando a posibilidade horaria. Tódolos cursos teñen unha duración de entre 20 e 120 horas.

Dos 50 cursos ofertados, o mes que ven de rematar deron comezo un total de 16: Bailes de Salón –iniciación e perfeccionamento-, Sevillanas, Novo Plan Xeral de Contabilidade, Exercitación da memoria, Estética, Coidados a persoas dependentes e da terceira idade, manualidades de reciclaxe para aplicar ós nenos, Chi Kung, Adobe Photoshop, Costura, corte e confección, restauración de mobles, artes plásticas, pintura e pintura en tela e seda.

A Concellería de Educación lembra ás persoas interesadas que poden anotarse en lista de espera nas actividades que restan por comenzar, na Concellería de Educación: Rúa Ervedelo, 2, 1º.

A Universidade Popular colabora este ano cos seguintes colectivos: Asociación de Artesáns de Ourense, Federación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Ourense, Asociación de Empresas de Formación (Cecap) e Asociación de Persoas Xordas de Ourense.
Ir á Portada volta atrás imprimir