I concurso concello saudable fotografía sobre lactación materna 2008/09

A concellería de sanidade do Concello de Ourense en colaboración co Complexo Hospitalario de Ourense, convoca o I Concurso Concello Saudable de Fotografía sobre Lactación Materna 2008/2009 co fin de impulsar e normalizar a lactación materna como parte intrínseca da vida dos/as nenos/as, das súas familias e da sociedade, cumprindo os obxetivos de saúdade previstos polas orgaizacións internacionais vixentes: "Estrategia mundial para la alimentación del lactante y del niño pequeño", "Plan de acción Europeo para la protección, promoción y apoyo a la lactancia materna en Europa".

BASES DO CONCURSO

I Al fotografías serán orixinais e deberán versar sobre a lactación materna.
II As Fotografias serán de tamanño 18*24 ou 20*25 achegando unha copia máis pequena (10*15). Nun sobre adxunto deberán constas os seguintes datos: (suxerimos que non se escriba na cara posterior das fotos).
Nome e apelidos do concursante.
Enderezo e localidade.
Teléfono de contacto.
E-mail(opcional)
Fotocopia do DNI
Nome da nai, do neno e sinatura da nai que aparece na fotografía aceptando as bases do concurso.
III O prazo de admisión de fotografías rematará o 30 de xuño de 2009. Os traballos deberanse remitir por Rexistro Xeral do Concello de Ourense, Praza Maior nº1 32005, coa indicación "Para o I Concurso Concello Saudable de Fotografía sobre a Lactación Materna 2008/09"(Concellería de Sanidade).
IV O Concello de Ourense nomeará un xurado que estará presidido polo Sr. Alcalde. Os nomes dos compoñentes darase a coñecer no momento de facerse público o fallo, que será inapelable.
V Os premios entregaranse durante o mes de outubro de 2009 coincidindo coa conmemoración da Semana internacional de lactación materna. O autor ou autores premiados serán convocados coa debida antelación ao acto de entrega dos premios e/ou a presentación pública.
VI Non se devolverán os orixinais. As fotografías quedarán en poder da organización do concurso que poderá empregalas para fins de promoción da lactación materna.
VII Establécense os seguintes premios:
Premio dotado de 1000 € e o seu patrocinador:
"Primeiro Premio Mellor Fotografía"
CONCELLO DE OURENSE
Premio dotado con 600€ e o seu patrocinador:
"Segundo Premio Mellor FOtografía"
HOSPITAL MATERNO-INFANTIL
Para máis información chamar ao 988 510 622

Datas de Inscrición:

Data de inicio: 01/10/2008
Data de fin: 30/06/2009

Información e inscrición:

Colabora. Complexo Hospitalario de Ourense
Lugar de inscrición:
Rexistro Xeral
Praza Maior, nº 1, Baixo

Ir á Portada volta atrás imprimir