CONCHA BLANCO GAÑA A VI EDICIÓN DO PREMIO PURA E DORA VÁZQUEZ DE NARRACIÓN

O xurado do certame fallando o premio.Concha Blanco resultou gañadora da VI edición do Premio de Literatura Infantil de Xuvenil “Pura e Dora Vázquez” co seu traballo “Encontros ás agachadas”. Este premio está dotado con 3.000 euros e convocado pola Deputación Provincial de Ourense.

O traballo de Concha Blanco levouse o premio na modalidade de narración e agora os interesados en participar na ilustración do texto gañador (que recibirán outros 3.000 euros de premio) poderán solicitar á Deputación de Ourense o texto a ilustrar.

“Encontros ás agachadas” é un traballo de carácter futurista cunha trama imaxinativa e cunha linguaxe coloquial e agradable. Defende a interculturalidade e pon de manifesto valores como a amizade e os sentimentos máis positivos. A ternura e a confianza no ser humán é algo que está presente en todo o argumento.

Os membros do xurado ademáis de premiar o traballo de Concha Blanco tamén pediron que se fixese unha mención especial ó texto presentado por Xesús Manuel Marcos López.
Ir á Portada volta atrás imprimir