| JORGE
EMILIO BÓVEDA* PUBLICA CON BUBOK PUBLISHING S.L. SÚA
PRIMEIRA NOVELA CURTA EN GALEGO
Mälström
ou a Caixa do correo |
 |
Trátase de Mälström ou a
Caixa do correo, unha historia introspectiva sobre Alma
Vicuña do Ermo, unha muller entrada nos trinta que toma un
tempo sabático despois dunha relación sen sabor co
seu noivo de toda a vida, Cosme, verquendo seu cariño e atencións
no seu fiel can Lobo (nome posto pola admiración que sinte
a protagonista polo escritor portugués António Lobo
Antunes).
A aparición dunha carta misteriosa na súa caixa do
correo pode supoñer a apertura dunha cancela insospeitada
a unha dimensión distinta, quizais...
A noveliña é unha defensa do desiderátum
aquel que nos mantén con vida. O perpetuo desexo que, tras
ser cumprido, condúcenos a outro que se fusiona co anterior,
nunha sucesión desiderativa; o desexo constante. É
un mergullarse nas augas que nos levan polos costumes banais desta
sociedade que cambia só por fora, onde o auténtico
quizabes sexa só o amor. Se é que se entende o que
é o amor en realidade.
A venta do libro realizase a través da internet,
na seguinte dirección: http://www.bubok.com/libros/2295/MALSTROM-ou-a-Caixa-do-Correo
e pode ser voso polo módico prezo de 8,07 €uros en formato
de libro romántico para apalpar e ulir e apertar, e de 2
€uros en formato de libro electrónico (PDF).
* JORGE EMILIO BÓVEDA é escritor
e mestre de inglés. Leva publicados oito libros e participado
en máis de cinco obras colectivas. De vez en cando debuxa
(A Papeleira de reciclaxe en OU por Barrios), guioniza (O inquilino,
Ecos...) e deseña (libro Auria de Cine de Valentin Barreiros...).
Tamén escribe artigos para Mundourense e OU por Barrios.
Na actualidade ten nunha gabeta dous libros: unha novela longa en
galego e un ensaio de cine, mentres perpetra súa terceira
novela en galego e seu segundo libro de pensamentos.
|