AFORISMOS DUN PENSANTE. EPIGRAMAS SOBRE TODOS

Estes aforismos, aparentemente apócrifos, foron topados en varios pregos de celulosa similares aos actuais panos de mesa de papel, nunhas escavacións arqueolóxicas efectuadas na zona ourensá da Cuña o catro de xuño do ano 3007. No ultimo dos pregos recolleuse a rúbrica dun personaxe chamado Pastor Manuel Páez-Solano Expósito. A súa inxente cantidade aprémanos, como forzados testamenteiros aforísticos de Páez, a publicalos na web en varias veces. Ai van os dez primeiros:

•  A vida é un compendio de incidencias dentro dunha grande incidencia.
•  A transparencia do cristal corta.
•  Por qué choras diante do monstro que creaches ti?
•  O lamentable da maioría das familias que seguen un determinado patrón de conduta é que creen que é o único posible.
•  Comamos todos do delicioso pastel que non nos gusta!
•  A miña relixión é A Disciplina de Sanoman. Agora teño que inventar os parámetros que a regulan; como no seu día outros fixeron.
•  Sempre se sobreentende todo. Por iso hai tantos malentendidos.
•  Aguantar e a arte de dicirvos que si.
•  O meu criterio corre perigo pola presenza de outros criterios.
•  Pero como se lle ocorre a vostede ser feliz?????

AFORISMOS DUN PENSANTE
© 2007 Jorge E. Bóveda
cretine4@hotmail.com

Pasa a criticar/comentar el texto en el foro "El fotomatón":
http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións