ALLOS

Repítome coma os ciclos da vida. Coma os allos dunha carne ao caldeiro. Coma o frío e as nevaradas que volven todos os invernos rindo dos supostos cambios climáticos. Repítome, pois o meu maxin non deixa de preguntarse inertes porqués, neste inverno cíclico en costa de Xaneiro que chega puntual tras do cíclico Nadal. Todo semellante, facéndonos ver mil veces que, por moito que avance nosa tecnoloxía, temos unha catadura moral de catro cadelas, tamizada no diñeiro. Impunidade. Reducto de soñadores que xiran:

Por que hai impunidade para o Bush? IMPUNIDADE
Por que someterán a proceso xudicial ao que lle guindou os zapatos? Nós guindariamoslle un demo se fixera falta; que a fai.
Por que palestinos e israelitas cómense coma se fosen formigas vermellas contra formigas negras por tan caduca xenreira?
Por que África só existe cando lle ocorre algo nas súas terras a un “cidadán occidental”?
Por que non se recoñece que o culpable principal e último da crise que nos afoga sexa América?
Por que non nos queremos deprocatar de que un goberno do PP, esquerda unida, falanxe española ou democracia ourensana habería crise do mesmo xeito?
Por que existe a desmemoria?
Por que non nos decatamos de que o carácter cíclico noso como humanos nos fai ver cousas no noso país que nos ocorreron a nós hai tan só uns cincuenta anos?
Por que non caemos en que, en moitos casos, o republicanismo é unha variante do maniqueísmo?
Por que se lle chama “cumbres” cando non son máis ca solos, chans; ermas leiras?
Por que se despreza á cultura?
Por que tendemos a silenciar ás mentes abertas e operativas?
Por que se homenaxea tanto aos mortos da cultura cando os vivos da cultura estan, precisamente, vivos?
Por que os certames literarios máis grandes son como son?
Por que Hobbes tiña tanta razón?
Por que non calo?



cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións