ANTIÉTICA

Preámbulo: O que inicialmente parece unha digresión sobre ética convértese en denuncia que exalta ao máis común dos sentidos. Sigan a ler e compróbeno. Viviremos nunha sociedade de oportunistas?

Neste mundo mandarinoformo subxectivo, a subxectividade presente en todos os ámbitos, disciplinas e institucións, tende a ser confundida con relativismo, cousa que non interesa, pois o relativismo nega calquera ética posible defendendo as cousas boas e malas ao mesmo tempo, e iso sería un paradoxo. Neste mundo de aquí, occidental, subxectivo, vemos que no foco da confusión os espelidos -ignorando os termos subxectividade e relativismo- tentan sacar tallada das circunstancias en todo intre, vivindo todos, dun xeito ignorante, un relativismo que abafa.

O que é malo para min pode ser bo para ti e viceversa: un comerciante decide repentinamente, dun día para o outro, subir os prezos dos seus artigos, decisión pola que amoreará un caudal importante nunha tempada, pero nesa mesma tempada varias persoas serán sometidas a unha inflación súbita que os deixará fríos emocional e economicamente. Entraría aquí en funcionamento a frase aquela de barato que iniciou Protágoras, que continuou Campoamor, e que se desvirtuou grazas ao seu paso sucesivo polas conversas de taberna: as cousas son da cor do cristal co que as miremos. Si. O cristal do comerciante dista moitísimo de asemellarse ao cristal do cliente.

Se o que é malo para min e bo para ti suponse que a solución da concordia debería estar de man do que leva a parte boa. Debería mirarse este e preguntarse por que. Por que isto que tanto me beneficia está a prexudicar a outros. Lamentablemente poucos, moi poucos se deteñen a “perder o tempo” nestes mesteres de autocrítica e razón. Non creo eu, por exemplo, que aos donos do aparcadoiro que está situado nunha beira do Complexo Hospitalario Ourensán Cristal Piñor lles tire o sono (nin lles trema o pulso) ao cobrarnos un euro con oitenta céntimos por ter o coche aparcado menos de media hora, cando o motivo de que haxa persoas que teñen necesidade de aparcar seus vehículos alí non é outro que interesarse pola saúde de outras persoas, cando non pola deles mesmos. É abafante, é un insulto, é unha vergoña que a palabra ética quede perdida na espesura dunha fraga que nin saben que existe. E supoño que as responsabilidades éticas non se quedarán só neses listos negociantes. A que non?

Un ente ético
ANTIÉTICA
cretine4@hotmail.com
visiten tamén:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións