| BRUXERÍA
Nota previa: é unha perspectiva. Nin dogma, nin axioma nin ren.
Sempre apelou ao meu dispositivo do raciocinio a obvia diferencia entre o home e a muller. Salvando “arquitópicos” calquera pode ver como a intelixencia práctica dunha muller dista moito de ser a dun home, ou a forza física dun home difire un pouco da dunha muller, xa nin falar do trato soterrado de inferioridade que se lle da á muller en asuntos coma os salarios. Eterno conflito do machismo e do feminismo. Pero non caiamos na reiteración do reiterado, tentemos buscar certa xénese destas diferencias no xeito de procesar a información dos homes respecto das mulleres e viceversa. Nunca fun un crédulo subcritor da primeira “doutrina” que se lle revela e, como tal; como non crédulo, gustei de desbotar as teorías sobrenaturais e escarvar nas posibles ou probables -ou posibles e probables- causas das mesmas:
Dende tempos de maricastaña as características físicas dos humanos supoño que comezaron a configurar paulatinamente súas características psicolóxicas (a moral e a ética apareceron milleiros de anos despóis). Estes rangos psicolóxicos dictaban que a muller, como nai e protetora do fogar, “debía” quedar na cova atendendo as criaturas, o fogar, as terras... mentres que o home, ao ser o dispensador de alimentos nesa cova, abandonaba o fogar por períodos de tempo indeterminados para cazar, comerciar, ou facer todas esas actividades de sustento da despensa. O home interatuaba con outros personaxes do entorno, cazaba en grupo, falaba, se distendía, podía chegar a divertirse, mentres a muller permanecía illada consigo mesma. Coas súas pantasmas, coas súas xenreiras, coas cobizas polas despensas das covas veciñas, coas súas frustracións e vivindo cunha mestura flagrante de resignación e incomunicación. O cristianismo selou esta plantilla familiar cos seus dogmas e a historia botou a andar.
Se imaxinamos -sen dogmatizar, itero- esta situación até unha época como a idade media quizais nos poidamos explicar ignorancias do calibre da bruxería. Cando a muller, co seu potencial físico e intelectual, quería demostrar que podía aspirar a máis que a confinarse a un pendello a cociñar e a cuidar uns fillos. Esto nunha, sociedade montada ao abeiro da igrexa e co patrón psicolóxico antes explicado, botaba milleiros de ollos idiotas que non podían soportar un novo valor intelectual. Estigmatizando sen dubidalo ás mulleres autónomas, solteiras, librepensadoras, intelectualmente independentes, ou as que pasaban seus longos días de espera polo marido macho proveedor de comida imaxinando situacións maravillosas, saciando suas esencias famentas con fantasías varias que equilibraran algo súas situacións tan inxustas. Resultado: BRUXERÍA.
Foi un estigma terrible, tanto para a relixión que nos contextualizou ao longo da historia como para nós como suposta esencia humana. Hoxe, no estado de dereito e a “occidentalización”, badocadas criminais deste calibre; inxustizas tan abertas, son impensables, indesexables e nalgún caso lembrar algún proceso por bruxería pode concitar á risa. Pero a este que lles suscribe non hai quen lle quite na cabeza que hoxe, suposto ano 2008, mes de agosto, España e Europa (como ven non falo de Asia nin de África) ainda quedan atavismos que proceden directamente da oscura e ignorante época da bruxería. Ou non? Que lles parece? Véxanse as baratas crenzas de que os homes son cualitativamente superiores, ou a violencia de xénero en calquera grao. Miguel Voltaire
BRUXERÍA
cretine4@hotmail.com
Pasa a criticar/comentar o texto no foro "El fotomatón":
<http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/>
VISITEN TAMÉN (se queren e se lles pon ben):
<http://openultimochanzo.blogspot.com>
<http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com> |