| O
CARPINTEIRO MANCO
Non
comprendo aos escribidores e escritores que din que len escasos
libros pero que escriben moito. De que escribirán? De historias
cos mesmos xiros e respondendo a clixés simétricos?
De principales e antagónicos? Deles mesmos? De seus embigos
sen cultivar? Dos xiros a un egocentrismo non intelectual? Dos botóns
do pescozo das súas camisas? Do flagrante quebro a unha existencia
superficial? Como se poden afirmar escritores sen encadear lecturas,
sen aprender a ler cada día, sen ser, en definitiva, bos
lectores, ou simplemente lectores????.
Véñenseme á cabeza os dramáticos intentos
dun carpinteiro cun só brazo para facer unha mesa. Algo similar
ocorre, quizáis, cos escritores que non len. Coa diferencia
de que non descubrirán nunca que tan só teñen
un brazo, e que está na man dese brazo o implantarse outro
brazo para axudarse na labor creadora. Unha operación sinxela
de ortopedia, consistente en facer propias tres letriñas;
unha combinación transcendental de tres letras: LER. Un proceso
lento que lles implataría o brazo que lles falta.
Aínda que tamén poida ser que eses escribidores ou
escritores estean dotados dun don do que carecemos os que lemos
moito e escribimos algo menos. Posuidores dun único superbrazo.
Serán eles os que fan literatura e nós seremos alucinados
aspirantes a literato. A NADA no mundo editorial. Trillados ceros
á esquerda do universo das letras. Pois quen sabe?
PD: Dous exemplos: Michael Chrichton foi un carpinteiro manco e
Jorge Luis Borges un ebanista destro.
Un carpinteiro tenaz
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|