CHANZOS

Mentres gozaba coas buxainas, sobres sorpresa, paracaídas de un peso, picolandia, petazetas, cromos de Ulisses 31, ou de E.T., ou de V, ou de Comando G, agardaban pacientes envoltos no arrecendo de tempo tinta e po Edgar Allan Poe, Emilio Salgari, Julio Verne, Isaac Asimov, H.P. Lovecraft, Conan Doyle...

Unha vez esquecidas as lambetadas e postos ollos, mente e corazón nestes clásicos, agardaban pacientes envoltos no arrecendo de po, tempo e tinta Proust, Joyce, Ortega, Kafka, Mann, Stendhal, Paul Valery, Camus, Borges, Milton, Cela, Pessoa... vivos e sabios, pendentes ou pouco pendentes do lector. Pero sempre eternos, agardando, pacientes. Mentres eu, inxenuo, ocupaba o anterior chazo.

E resulta que, sen esquecer os dous chanzos anteriores, unha vez medio asimiladas as ensinanzas dos habitantes dos segundo chanzo aparezo no terceiro cun sabios que, sen sabelo, agardaban por min, pacientes, envoltos no cheiro de tinta e “intempo”: Juan Goytisolo, José Saramago, Sandor Marai, Javier Marías, Eduardo Mendoza, Xosé Carlos Caneiro, Lóbo Antunes, Milan Kundera, Imre Kertesz... E así seguirán facéndome medrar e constituíndo chanzos dunha escalinata que se sube a si mesma.

PD: non teñen que suscribir estas divagacións. A literatura nunca nos ha de salvar

Jorge Emilio Bóveda

cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións