| COLECTIVO
INCONSCIENTE
Nota: pido previamente desculpas a C. G. Jung por
esta divagación.
Pensen
nos milleiros de millóns de humanos que conformaron a humanidade
dende a orixe dos tempos. Pensen despois no coñecemento que
estas persoas foron legando á conciencia colectiva (ou, se
me apuran, inconsciencia colectiva). Pensen que, se houbese posibilidade
de almacenar recordos nos xenes, estes poderían transmitirse
de xeración en xeración. De aí o segredo das
regresións hipnóticas e as patrañas sobre outras
vidas vividas (perdónenme os científicos, os puristas
e Iker Jimenez).
Xa sei que estes razonamentos un tanto pedestres e seudotranscendentais
cheiran á teoría do inconsciente colectivo de Carl
Gustav Jung, psiquiatra suízo que desenvolveu unha teoría
co “Inconsciente colectivo” como concepto básico.
Dita teoría establece que hai unha linguaxe común
aos seres humanos de todos os tempos e lugares do mundo, conformado
por símbolos primitivos cos que se expresa un contido da
psiquis que está alén da razón, transmitida
a saber como.
Cada vez cobra máis forza, pois, collendo ao señor
Jung da man e sen entendelo moito, a explicación de que esa
linguaxe propagada á humanidade total faga de nós
un «colectivo inconsciente» dende a orixe dos tempos.
Sen demasiado interese en razonar, en saber, en autocoñecerse,
en convivir democráticamente. Con moito interese en pensarse
superior aos demáis, en amosarse bruto, animal e instintivo,
en satisfacer os instintos...
Ás veces penso que, por mor desa transmisión lingüística
cargada de máis vicios ca virtudes, a humanidade pulula cega,
inconsciente da súa propia transcendencia, formando inconscientemente
un grande “COLECTIVO INCONSCIENTE” Para cando un despertar??????
Un individual inconsciente
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|