| A CONSAGRACIÓN DO ESCRITOR
O escritor vive perennemente no penúltimo chanzo dunha escaleira que non conduce a ningures, pois sempre haberá un penúltimo chanzo. Cando o escritor acade a subida ao seguinte chanzo atoparase de novo nun penúltimo chanzo cara unha virtual consagración definitiva, total e humana. Pero como? pero con quen? O como xa se reflectiu; subindo paseniño e con xeito a escada máxica do avance na sabedoría e o reflexo literario, o con quen xa depende das pretensións do que se prece de escribir, ou de ser escritor, ou de ser considerado escritor, e podemos distinguir tres vieiros fundamentalmente:
a) Consagración cun público múltiple e variado
b) Consagración cuns editores espelidos e, consecuentemente, cuns libreiros de estada a pe de obra e a pé de pista libreira.
c) Consagración consigo mesmo, consagración propia, persoal, balsámica, terapéutica, introspectiva... case privada, inxenua, romántica, necesaria.
O escritor que escolla este último vieiro corre o risco de deixar súas propulsións literarias nun réxime privado, pero quizais —e tendo e conta o que pende ao redor nesta sociedade de mundo mandarina— sexa o camiño mais axeitado. Ou non? Que opinan vostedes ao respecto? Que escriban os que escriben. Non esquezan que hai un foro neste Fotomatón de posturas de pensamento. Fágano (ou non).
Un posible habitante inconsagrado
do penúltimo chanzo.
CONSAGRACIÓN
DO ESCRITOR
© 2008
cretine4@hotmail.com
Pasa a criticar/comentar o texto no foro "El fotomatón":
<http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/>
VISITEN TAMÉN (se queren e se lles pon ben):
<http://openultimochanzo.blogspot.com>
<http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com> |